“Continúan aparecendo aves silvestres afectadas por gripe aviaria”

14 Novembro 2022

Antón Luaces.- No que vai de ano notificáronse en España un total de 130 casos de aves silvestres afectadas por gripe aviaria. Os últimos coñecidos en Galicia son dúas gaivotas recollidas no encoro de Vilagudín, concello coruñés de Cerceda. Ambas as aves foron trasladadas ao Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Oleiros. A súa detección realizóuse no marco do plan de vixilancia da influenza aviaria que desenvolve o goberno galego. Os dous exemplares de gaivota están afectados por influenza aviaria de alta patoxenicidade (IAAM) confirmados polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid).

Ao se tratar de senllos individuos detectados na mesma localización ,, considéranse un único foco notificable polo que se elevan a 22 o total de focos reportados dende Galicia. Estas dúas aves faleceron e os seus cadáveres foron eliminados de acordo aos procedementos de xestión autorizados.

Os casos ata o de agora detectados en España teñen que ver con aves silvestres migratorias  e residentes pertencentes a distintos hábitats e especies; anátidas como parrukos, cercetas ou gansos; aves de presa colml falcóns ou miñatos e outras especies de distintas familias de aves como garzas, cegoñas, pombas,, voitres leonados, crebaosos ou outra gaivota na provincia de Palencia,

Un total de 13 das 17 comunidades autónomas españolas notificaron algún caso de gripe aviaria en aves silvestres das que continúan ao longo do ano 2022 o mascato, especie de máis frecuente detección nos últimos meses, con casos notificado, a máis de en Galicia, nas comunidades  do litoral cantábrico ou atlántico, Asturias, Cantabria, País Basco e Andalucía.

O virus circulante non ten capacidade significativa  de infección nas persoas, ainda que -segundo informa a Xunta de Galicia- por un principio de bioseguridade  básica, recoméndase non manipular aves atopadas enfermas ou mortas e notificar o feito  aps servizos veterinarios oficiais das consellerías de Medio Rural ou Medio Ambiente.

National Geographic

Outros artigos

“Cumpleaños, somos efímeros” – Manuel Domínguez

¿Qué te creías?, el rey del mambo. Todos se acordarán de Napoleón, o del general Romel, pero me pregunto yo, quién se acuerda de sus soldados, porque qué serían ellos, sin sus soldados. Le dice el niño, a su anciano abuelo, para qué plantas este naranjo, nunca comerás...

+

Saída de vía por unha indisposición en Rianxo

Un accidente produciuse no quilómetro 11 da AG-11, á altura da parroquia rianxeira de Isorna. Os feitos, que ocorreron instantes despois das 9 horas en sentido Ribeira, foron narrados por un particular que parou a auxiliar ao implicado, que acababa de saírse da vía co...

+

Rexistrado un sismo de magnitude 3 nas proximidades da costa de Ribeira

O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou esta mañá un sismo de magnitude 3.0 con epicentro nas proximidades da costa de Aguiño (Ribeira). No Centro Integrado de Atención ás Emerxencias non se recibiu chamada algunha alertando sobre estes feitos, que tiveron lugar...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.