Clausura da XIII Mostra de Teatro FLM de Aguiño 2022 e entrega de cheque a Art For Dent

28 Novembro 2022

O pasado sábado 26 de novembro tivo lugar no Conservatorio de Música de Aguiño a derradeira función da XIII Mostra de Teatro Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño 2022 que se levou a cabo os sábados do mes de novembro. Como ben sabedes, esta mostra de teatro afeccionado ademáis de ser de entrada libre e gratuíta, persigue cada ano un fin benéfico, axudar a unha causa social ou humanitaria, e este ano a asociación decidiu que os donativos recadados ao longo da mostra foran para ART FOR DENT, asociación de Galicia e Asturias que aglutina ás familias de cativos con esta rara enfermidade (5 nenos en total), e para elo o pasado sábado acompañóunos a familia Yáñez, con Fernando, María, Lucas e Hugo, que é o neno que ten Dent, e recolleron das mans da presidenta Elvira Pisos Arnoso, un cheque con 500,00 €.

A familia de Hugo xa nos estivo acompañando o primeiro día da mostra, o 5 de novembro, e tamén venderon material promocional como camisetas, tazas, lotería, etc para recadar fondos que son destinados integramente á investigación desta rara enfermidade en Nefroloxía do CHUS. Deron as grazas publicamente á asociación e a todos os presentes pola súa xenerosidade, palabras ás que tamén se uniu a nosa presidenta para agradecer a boa colaboración da xente, xa que finalmente foron 480 € os cartos recadados en só tres funcións xa que a do día 19 tivo que suspenderse por enfermidade dun dos protagonistas; a asociación completou a cantidade ata os 500 € que se entregaron a ART FOR DENT.

O máis importante de todo isto non foron os cartos recadados, que tamén o son, senón que se aproveitou a mostra para visibilizar á asociación benéfica, á propia enfermidade e a sensibilizar á poboación sobre esta doenza extraña que afecta aos riles, que non ten curación e que desgraciadamente é dexenerativa afectando maioritariamente aos varóns; ven provocada por unha mutuación nun xen do cromosoma X, case sempre de carácter hereditario. En España existen sobre unhas 250 persoas afectadas. A asociación ART FOR DENT realiza outras actividades ademáis de recollida de donativos, tales como recollida de tapóns, venda de artigos, campañas solidarias, murais urbanos de sensibilización, etc.

Sobre o teatro, este sábado foi a quenda da Agrupación Teatral Pedroso de Narón que puxeron en escena a comedia “Nin o demo entende ás mulleres!” con grande éxito de público asistente, ao redor dunhas 200 personas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...