Brenda Mondelo gaña o XXXV Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

19 Novembro 2022

Brenda González Fernández, coñecida literariamente como Brenda Mondelo, obtén coa obra
titulada “Neve” o XXXV Premio de Poesía Lorenzo Baleirón, convocado polo Concello de Dodro.
Así o decidiu por unanimidade o xurado, composto polas poetas Inmaculada López Silva, Emma Pedreira e Rebeca Baceiredo, logo de valorar os cincuenta e un poemarios candidatos,
salientando de Neve “a orixinalidade do tema proposto, así como do seu tratamento. Trátase,
ademais, dunha aposta non exenta de risco na busca de poetizar a narratividade. Por outra parte, a pesar de ter dous protagonistas recoñecidos, consegue romper os clixés históricos arredor destas dúas figuras que constitúen o eixo principal do libro”.
Brenda Mondelo nace o 17 de decembro de 1994 no Seixo (Pedrafita do Cebreiro) e estuda no CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel ata os seis anos. No 2001 marcha vivir canda os seus avós a Lugo, cidade na que cursará estudos ata finalizar bacharelato. Xa con dezasete anos,
establecerase en Madrid e aló graduarase en xornalismo e ciencia política. En todos eses anos,
sempre que se afastou do fogar, tivo a necesidade de escribir sobre el e as persoas que poboaron un mundo que nalgúns intres creu perder, pero que loitou por recuperar a través da poesía. A súa traxectoria literaria conta cos premios: Certame de poesía Xoán Díaz e Certame (Re) inventando a Xela Arias, organizados polo Concello de Cambre. En marzo deste ano, publicou o seu primeiro poemario “O espello de Celia” en Medulia Editorial.
O Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón ademais de honrar ao excepcional poeta de Dodro e contribuir á promoción da poesía galega, constitúe unha oportunidade única na que novos valores da lírica galega, como Brenda Mondelo, acadan o apoio e recoñecemento público do seus traballos.
O acto oficial de entrega do XXXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón terá lugar o vindeiro, 10 de decembro, no CPI de Dodro. “Neve” de Brenda Mondelo será publicada no ano 2023, nunha editorial de recoñecido prestixio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.