Bate co seu vehículo contra unha árbore en Padrón e recibe axuda dos bombeiros

25 Novembro 2022

Ocorreu pouco despois das cinco desta tarde na parroquia padronesa de Cruces, cando o 112 Galicia atendeu a chamada dun alertador que solicitaba a colaboración dos equipos de emerxencia para liberar a unha persoa. Segundo explicou tiña a perna atrapada e era incapaz de saír polos seus propios medios do coche. 

Así, os xestores do 112 Galicia avisaron aos Bombeiros de Boiro e aos membros do GES de Padrón, quen, de forma conxunta, sacaron a única ocupante do vehículo. Deste xeito, puido recibir os primeiros coidados do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 antes do traslado ao Hospital Clínico de Santiago con diversas lesións de importancia en brazo e perna.

Neste operativo, tamén participaron as forzas da orde: Garda Civil de Tráfico e Policía Local.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...