Avanzan en O Vilar (Boa) os traballos de mellora na seguridade viaria

02 Novembro 2022

O Concello de Noia deu un novo paso en materia de seguridade viaria. Desta volta, fíxoo na aldea de O Vilar, na parroquia de Boa, onde se están a levar a cabo labores de acondicionamento e de pavimentado nos accesos ao dito núcleo, desde a estrada AC-550. Os traballos, dotados cun orzamento de 89.473,39 €, inclúen a reparación das fochancas e a regularización do pavimento actual no cal se atopan diversos puntos que “presentan un estado de conservación deficiente”, explicou o Concello.

Para pórlle solución a esta problemática, aplicarase unha capa de 5 centímetros de aglomerado asfáltico; efectuarase o recrecido das actuais tapas de rexistro e das grellas do sumidoiro e finalmente procederase ao pintado da sinalización horizontal da vía.

O alcalde Santiago Freire visitou a zona onde se está a traballar e sinalou o compromiso do Goberno local “por ofrecerlle as mellores condicións viarias á nosa veciñanza” e inciden na importancia deste tipo de actuacións para “promover unha mobilidade máis segura e eficiente”.

Outros artigos

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.