“Aqueles vellos mariños os seus monos e cacatúas”

29 Novembro 2022

Aínda quedamos cidadáns que lembramos loros en casa de mariños mercantes e algún mono que se guindaba nunha especie de balanza situada nos miradoiros de vivendas construídas de xeito que o sol sempre fora amo e señor da vida de todos e cada un dos moradores. Eran animais que se traían como lembranza dun tempo no que o amo da casa navegaba e non era consciente -ou si- do dano que estaba a producir coa adquisición deses animais que agora van tan a menos que xa se especula coa desaparición definitiva de moitas especies que as vindeiras xeracións de humanos só poderán coñecer por fotografías ou filmacións antigas que a saber como eles reproducirán daquelas e con que aparellos.

Na actualidade, España é un punto quente e porta de entrada a Europa de gran parte do trasfego ilegal de especies animais procedentes de África e América. No último decenio máis dun millón de pangolíns foron capturados e vendidos en mercados ilegais polas súas escamas, segundo informa a organización ecoloxista WWF, que sinala tamén que milleiros de cabaliños de mar son secados coma bacallaus para a medicina oriental e vendidos como souvenirs a turistas, as tartarugas carei son despezadas, guacamaios e xílgaros secuestrados e engaiolados; e despois asasinar ás súas familias, as crianzas de orangutáns, chimpancés e gorilas, quedan orfas e son vendidas como mascotas (que era no que se convertían aquelas que, vai anos, traían os mariños mercantes máis veteranos). A maioría deses animais morren no traslado e a adaptación ao cativerio,

Un millón de animais e plantas están ao bordo do abismo. Atópanse en perigo de extinción e o trasfego de especies é a maior ameaza para a supervivencia de moitas delas.

Animais tan significativos coma o elefante, o rinoceronte, o tigre, o leopardo das neves, o xaguar ou o león están a piques de desaparecer pola cobiza humana.

O negocio da extinción move cada ano entre 8.000 e 20.000 millóns de euros, pero este trasfego está moito menos perseguido ca outros delitos como os de armas, de persoas ou drogas, algo que favorece a acción dos furtivos e as poderosas mafias internacionais que se benefician deste suxo crime contra a natureza que fai que se enriquezan uns poucos e que perdamos os demais, que somos maioría.

Por este “deixar ir”, moitas especies protexidas están en vías de extinción. Segundo as contas de WWF máis de 30.000 elefantes, de 1.000 rinocerontes, centos de leopardos das neves e un cento de tigres son asasinados cada ano para traficar cos seus cairos, cornos, ósos e pel.

Pero o mundo segue a pensar que os animais que podemos ver en reportaxes de televisión están vivos e non outorga maior importancia ás constantes denuncias que fan organizacións moi diversas cuxa actividade protectora se desenvolve decote en países nos que o exercicio do control das especies ten fallos evidentes. Tantos como o dos países receptores, que poñen a venda nos ollos para facer que non ven.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.