Aínda estamos a tempo de visitar en Portosín a exposición solidaria Auga o sangue da terra, de Manuel Valcárcel

28 Novembro 2022

Cultura de Porto do Son lanzou estes días un recordatorio de que aínda estamos a tempo para visitar unha das mostras máis destacadas da nosa comarca nesta tempada de outono. Estamos a falar de Auga o sangue da terra, un proxecto do fotógrafo Manuel Valcárcel abeirado ao programa #CulturaPorAlimentos e que pode verse até o xoves 1 de decembro na Casa da Cultura de Portosín.

É unha exposición de fotografías, solidaria e humanitaria (permítesenos doar produtos de necesidade primordial cada vez que a visitemos), que funciona coma unha caderno de viaxes que documenta a relación que teñen diferentes culturas do mundo co ben máis prezado: a auga. Pode visitarse de luns a venres en horario de 8:00 a 13.00 horas e de 17:00 a 19:30 horas.

O obxectivo de Manuel Valcárcel foi “enfocar un factor vital para o funcionamento do globo e que pasa desapercibido en occidente”, amais de concienciar á poboación sobre a importancia dun uso racional e responsábel da auga.

A colección está composta de imaxes obtidas en diferentes recantos do planeta, por exemplo Nova Zelandia, o río Ganxes, as plantacións de arroz da China, Níxer ou o deserto de Atacama, así como ao lucense río Lor, onde a presenza ou a ausencia da auga determinou culturas, paisaxes e ecosistemas.

A mostra conta coa colaboración do Concello de Porto do Son, xunto a Abanca e a Afundación Obra Social Abanca.

Manuel Valcárcel transmite deste xeito a súa mensaxe: “A auga, elemento vital ao que quixen render humilde homenaxe en comparación co que representa, parte de todo o que somos e todo o que crea. Elemento vital que debe ser motivo de unión e xamais de discordia. Elemento que debemos coidar e protexer porque marcará o devir das xeracións vindeiras porque, quen somos os seres humanos para crernos por riba da nai natureza? que escultura existe tan fermosa como, por exemplo, a elaborada pola auga na praia das Catedrais na costa lucense? ou que viaxe máis sinxela e á vez máis trepidante, cá dunha folla caendo ao río, deixándose arrastrar pola súa corrente ata chegar ao mar?”

Esta exposición enmárcase como dixemos no programa Cultura por Alimentos, unha iniciativa de Afundación en prol de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.