Adxudicados os traballos de instalación de semáforos no cruce de Aguiño

25 Novembro 2022
A intervención mellorará a seguridade viaria no cruce das rúas Sálvora, Francisco Lorenzo Mariño, Listres e da Cerca

O Concello de Ribeira informa da adxudicación dos traballos dirixidos ao subministro e instalación de semáforos no cruce entre as estradas DP-7305, DP-7306 e DP-7307, na localidade de Aguiño, que se corresponden coas rúas de Sálvora e Francisco Lorenzo Mariño (DP-7305), rúa da Cerca (DP-7306) e rúa Listres (DP-7307).
Esta intervención recaeu na empresa Montaxes Eléctricas Noroeste, S.L.. Supón un investimento de 45.254 euros, IVE incluído, cofinanciados con Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro da Edusi ‘Máis Ribeira Atlántica’. O prazo de entrega, instalación e posta en funcionamento é dun mes e quince días.
Oito semáforos
Actualmente este transitado cruce non conta con sinalización semafórica, contando unicamente con sinalización vertical e horizontal de Stop con preferencia da vía DP 7305. Co fin de mellorar a seguridade viaria vaise licitar o subministro e instalación de oito semáforos de columna, catro dos cales disporán de tres ópticas para vehículas e dous para peóns, mentres que os outros catros disporán de dous ópticas para peóns. A execución deste proxecto leva aparellado o subministro e instalación tamén dun regulador electrónico, avisador acústico, pulsador táctil e interruptor diferencial, entre outros elementos.
Tamén se colocarán na beirarrúa luminarias Led a ambos extremos de cada paso de peón sobre báculos ou na propia columna.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.