ADISBISMUR conmemora este venres en Outes o seu 40 aniversario

24 Novembro 2022

A asociación ADISBISMUR (Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros) celebra o seu 40 aniversario (este venres 25 na Casa da Cltura de Outes, a partir das 18.00 horas) acompañada por duascentas persoas. Confirmaron a súa participación no evento os alcaldes dos concellos de Carnota, Muros, Mazaricos e Outes, o director xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, a deputada de Benestar Social e Educación da Deputación de A Coruña, persoas usuarias da entidade, familiares, socias, profesionais, voluntarias e representantes do movemento asociativo da discapacidade de COGAMI.

A comunidade de ADISBISMUR diante do Consistorio muradán

A cita será como dixemos este venres, 25 de novembro, ás 18 horas, na Casa da Cultura de Outes, lugar que acollerá actuacións musicais, unha representación teatral interpretada polas persoas usuarias do Centro Niveiro que ten ADISBISMUR, ademais de discursos que servirán para refrescar a memoria das persoas que iniciaron esta aventura hai corenta anos.

Para rematar, na gala farase entrega de dous recoñecementos; un deles é o Premio ao Voluntario, un recoñecemento ao compromiso e o outro sería o Premio á Traxectoria Profesional que lle será entregado á persoa coa traxectoria máis lonxeva na entidade.

A gala rematará cuns petiscos elaborados polas persoas usuarias da propia entidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.