Aberto o prazo de propostas para o programa Boirenses Viaxeiros do vindeiro ano

24 Novembro 2022

O Concello de Boiro, a través do departamento de Servizos Sociais, vén de abrir o prazo de solicitude para programar actividades no marco do programa Boirenses Viaxeiros. Dende este departamento lembran que “este ano foron diversas as entidades sociais ou asociacións veciñais que realizaron actividades financiadas a través deste programa para persoas maiores”.

Os Servizos Sociais de Boiro, da man de Cruz Vermella, comezou neste ano a realizar saídas para que as persoas maiores visitasen outros lugares de Galicia. “Esta actividade tivo tanto éxito que outras asociación veciñais comezaron a planificar as súas excursións mediante o financiamento do transporte por parte do Concello de Boiro”, sinalou o concelleiro Raúl Treus, engadindo que entre as entidades que se implicaron na iniciativa atópanse a Asociación de Veciños de Lampón e a Asociación de Veciños de Abanqueiro, ás que se sumaron persoas usuarias dos obradoiros de memoria da Cruz Vermella nas distintas parroquias. Froito deste interese organizáronse viaxes a Ponte de Lima (Portugal), Ponteareas, Fisterra, Lugo ou Santiago de Compostela; así como a realización de etapas do Camiño A Orixe ou unha viaxe en catamarán en colaboración co departamento de Turismo.

Estas actividades promovidas polas asociacións súmanse a aquelas outras que organiza directamente o Concello de Boiro. “O que buscamos con estas actividades é potenciar un ocio activo entre os nosos maiores, ao mesmo tempo que visitan e coñecen lugares que moitos nunca tiveran oportunidade de coñecer”, afirmou o alcalde.

A partir do mes de decembro ábrese o prazo para que as entidades sociais e asociacións veciñais fagan as súas propostas e solicitudes de viaxes para o programa Boirenses Viaxeiros do ano 2023. As solicitudes deben facerse a través do Rexistro Xeral do Concello de Boiro empregando o modelo de instancia específico dispoñíbel na web municipal ou na portería da Casa Consistorial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...