A Xunta impulsa a mellora das instalacións náuticas da Pobra do Caramiñal con fondos europeos

01 Novembro 2022

A Xunta de Galicia colabora na mellora das instalacións náuticas da Pobra do Caramiñal a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Arousa, que permite a financiación de parte das obras de reforzo da seguridade e acondicionamento dos pantaláns recreativos con recursos do Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro (FEMP). Así o subliñaron a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, nunha visita ao porto deportivo da localidade para comprobar as obras que están en execución.

Os traballos que promove Muport -a entidade concesionaria do porto deportivo pobrense- consisten no acondicionamento e reforzo da seguridade dos pantaláns mediante a fixación de pilotes e a instalación de fingers. Isto permitirá mellorar as condicións de amarre da frota e busca minimizar o impacto do mar nas instalacións aboiantes, especialmente en condicións climatolóxicas adversas.

Estas melloras supoñen un impulso ao desenvolvemento turístico e económico da zona, o establecemento de sinerxías co conxunto do sector marítimo portuario e a xeración de emprego. En base a estes criterios o GALP financia con fondos europeos 170.000 dos 340.000 euros de investimento total da actuación.

Divulgación da náutica na escola

A presidenta de Portos de Galicia e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro puideron confirmar durante o seu encontro coa responsable de Muport o interese da entidade e sumarse ás iniciativas de divulgación da náutica entre os escolares.

Deste xeito, a Xunta de Galicia e Muport colaborarán para integrar a vela como actividade extraescolar nos centros da comarca de Barbanza impartida pola xestora do porto de Muros e A Pobra, seguindo o exemplo da iniciativa O Mar na escola que Cataventos realiza na Costa da Morte desde hai case dúas décadas.

A presidenta de Portos de Galicia e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro visitaron as obras de reforzo da seguridade dos pantaláns que se financian nun 50% a través do GALP Ría de Arousa

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...