A versión en galego e facsimilar de A miña irmá Antonia, de Valle-Inclán, preséntase este xoves en Santiago

28 Novembro 2022

Esta semana vaise presentar en Santiago a novela A miña irmá Antonia, de Ramón María del Valle-Inclán, que se ofrece agora en galego e en versión facsímile. Trátase dun dos contos breves para adultos máis depurados do universal escritor, unha obra de misterio protagonizada por tipos humanos e escenarios característicos da cidade monumental de Compostela, “agora modernamente recreada e ilustrada”, en palabras dos co-impulsores desta histórica iniciativa editorial, entre os que se atopa o Concello da Pobra e o Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal). A cita será este xoves 1 de decembro ás 19.30 horas, no Centro Internacional de Prensa de Galicia (no número 9 da rúa Nova, en Santiago).

A xornada correrá a cargo do equipo que desenvolve este proxecto editorial, promovido polo Foro Galicia e Valle-Inclán e patrocinado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, que estará presentada no acto polo seu principal responsábel, Valentín García.

Durante o transcurso da presentación ofrecerase unha escolma dramatizada do texto, grazas á colaboración do actor Roberto Leal e da actriz Gloria Rico. Ao remate servirase un viño galego de cortesía. Na presentación tamén participará Antonio González Millán, director do devandito museo pobrense.

Máis datos do relato

A miña irmá Antonia é un relato do escritor Ramón María del Valle-Inclán, publicado en (1909) Valle-Inclán inspirouse no Casa do cabido para escribir esta historia ambientada no Santiago de Compostela de principios do século XX. Narra a vinganza do estudante Máximo Bretal, namorado de Antonia e rexeitado pola súa nai. Tras un pacto diabólico, un gato, ao que a ama de cría Basilisa corta as orellas, atormenta á anciá. Morta esta, Antonia aparece, misteriosamente, no tellado da casa familiar e o estudante Bretal ten unha venda nas orellas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.