A undécima Sin-Son reunirá este domingo dous milleiros de deportistas

17 Decembro 2022

A nova edición da Sin-Son, chega este ano á súa 11ª convocatoria con varias novidades e con forzas renovadas logo da crise pandémica. Os detalles desta relevante e referencial carreira de Porto do Son foron dados a coñecer polos responsábeis das entidades organizadoras (áreas de Deportes e Medio Ambiente de Concello, Emesports), que sinalaron que o evento preve a participación de 2.000 deportistas, sumando a proba grande do domingo coa proba escolar e a nocturna dos cinco quilómetros (a xornada previa).

Son dous días de intensa actividade deportiva que comezaron este sábado 17 coa carreira escolar e a nocturna, en Porto do Son, e culminará o domingo 18 de decembro, coa carreira grande programada para as 11.00 horas en Portosín.

Na rolda cos medios tamén se fixo saber que os deportistas inscritos antes do 1 de decembro poderán retirar o seu dorsal nos seguintes establecementos: Bikila (Vigo), Marathon (A Coruña), Decathlon (Santiago) e Millers Run (Pontevedra).

Amais, informaron que o itinerario será o habitual, cun percorrido que tenta reivindicar a paisaxe costeira do concello ao longo dos dez quilómetros comprendidos entre Porto do Son e Portosín.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...