A tempada de pesca fluvial de 2023 comezará en Galicia o vindeiro 19 de marzo e estenderase ata o 31 de xullo

14 Novembro 2022

A tempada de pesca fluvial en Galicia para o ano 2023 comezará o vindeiro 19 de marzo e rematará o 31 de xullo, con carácter xeral, tal e como se acordou esta mañá durante a reunión ordinaria do Consello Galego de Pesca Continental, que estivo presidida pola directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo.

Durante a xuntanza, que contou coa participación dunha ampla representación dos distintos axentes implicados neste sector na Comunidade, analizáronse tanto as propostas a ter en conta na orde anual que se publicará proximamente para regular os períodos hábiles de pesca para a vindeira tempada como o establecemento das respectivas normas e determinacións para cada especie.

Así, no caso da troita, o período xeral abrirase o 19 de marzo de 2023 e prolongarase ata o 31 de xullo, coas excepcións das masas de auga salmoneiras e as de montaña, nas que a tempada comezará máis tarde, concretamente o 1 de maio. Por outra banda, nos coutos de pesca intensiva e nos tramos de pesca sen morte, poderase pescar ata o 30 de setembro. No caso dos coutos con convenio a tempada prolongarase, con carácter xeral, ata esta mesma data na modalidade de pesca sen morte.

No que respecta ao salmón, os pescadores poderán desenvolver a súa actividade desde o 1 de maio ata o 31 de xullo. As cotas de captura desta especie serán similares ás da tempada 2022 nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense. Concretamente, no río Mandeo (A Coruña) establécese en cinco exemplares; nos ríos Masma e Salmeán (Lugo), a cota será de 15 e 10 exemplares, respectivamente; e no Miño (Ourense), o límite será de 8 salmóns.

Pola súa banda, na provincia de Pontevedra fixouse unha cota de 30 exemplares no caso do río Ulla mentres que o Lérez continuará vedado. O límite segue a ser dun salmón por pescador e día, e tamén se mantén a autorización dos engados permitidos.

Polo que respecta ao reo, mantense o período xeral do 1 de maio ao 31 de xullo, prolongándose ata o 30 de setembro nalgúns coutos.

Na reunión do Consello Galego de Pesca Continental tamén se abordaron as xornadas hábiles para a vindeira tempada así como distintas propostas trasladadas polos consellos provinciais de pesca.

Consello Galego de Pesca Continental

Outros artigos

Os ministros de Pesca da UE acordan posibilidades de pesca para 2025

Os ministros de Pesca da Unión Europea (UE) alcanzaron este mércores un acordo unánime sobre as posibilidades de pesca en augas do Atlántico e o Mediterráneo para 2025, segundo informaron o Consello da UE e a Comisión Europea. O pacto, logrado tras dous días de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

Nos últimos tempos, a dereita política española está a preocuparse máis en lanzar trolas e mentiras para tratar de despistar sobre os múltiples casos de corrupción que tiveron, con sentenza firme, e que aínda ten xudicializados. Desde que o sr. Feijóo chegou á capital...

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...