A praza do Concello de Ribeira acolle este sábado o sorteo dos premios da campaña “Mercar no teu comercio ten premio”

04 Novembro 2022

Este sábado 5 de novembro vaise celebrar na praza do Concello de Ribeira o sorteo en directo dos premios da campaña de dinamización económica Mercar no teu comercio ten premio. A cita será ás 13.30 horas. Segundo informou a Asociación de Empresarios de Ribeira, co-impulsora da iniciativa, entre as 10.00 e as 13.00 horas poderán trocarse os tíckets das compras realizadas durante as datas de duración da campaña (do 29 de outubro ao 5 de novembro) por boletos para participar no sorteo en directo de 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 50 e de 30 euros. Estas tarxetas deberán ser empregadas polos gañadores en novas compras no comercio de proximidade local.

Mercar no teu comercio ten premio é unha iniciativa de promoción do comercio de proximidade galego, organizada pola Federación de Comercio de A Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso da Asociación de Empresarios de Ribeira.

Así, todos os clientes de Ribeira que realizaran compras no comercio de proximidade entre o 29 de outubro e o 5 de novembro, poden participar no sorteo en directo destes 1.000 euros en premios. Este sorteo contará este sábado coa presencia de representantes das entidades organizadoras, entre eles Francisco Martínez Gude, presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Miguel Agromayor, presidente da Federación de Comercio de A Coruña e Carmen Varela, vicepresidenta; Jose Segundo Bouzas Dios, de Abanca e o concelleiro de comercio Ramón Doval Sampedro.

Outros artigos

Unha saída de vía en Ribeira deixou dúas mulleres feridas

Os equipos de emerxencias axudaron a saír ás implicadas, que foron evacuadas ao Hospital do Barbanza. Dotacións de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro e Ribeira interviron en accidente no Concello de Ribeira. Dez minutos...

+

Incendio nunha vivenda na parroquia de Artes, no concello de Ribeira

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro  foron alertados esta mañá dun incendio que afectou a unha vivenda na parroquia de Artes, no concello de Ribeira. O foco inicial do lume foi iniciado dun deshumificador que ardeu e afectou a unha habitación,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

Todos sabemos que la historia de Romeo y Julieta es una novela, de W Shakespeare Pero la hermosa historia de amor entre Pedro I rey de Portugal y la gallega, Inés de Castro, es realmente dolorosamente y admirablemente cierta Por temor a que los hijos de Inés,...