“A piscicultura como base do alimento mundial é un bluf” – Antón Luaces

23 Novembro 2022

Máis dunha vez me teño referido nestas páxinas do Barbanza á problemática que xera ou pode xerar a adicación preferencial que tanto o Goberno central como a Xunta de Galicia e mesmo organismos internacionais como a FAO ou a UE, están a prestar a unha acuicultura que, sen dar resposta axeitada ás necesidades que o mundo ten de peixe, está a recibir, non obstante, todo tipo de axudas e prebendas que se lle negan á base substancial dunha fonte enerxética humana e animal como é o peixe.

Mesmo no plano asistencial e económico, a acuicultura atopa unha contribución pública que, a posteriori, no ten unha resposta igualitaria ou acorde, cando menos, a todo canto directamente se lle aplica no plano das axudas de todo tipo que fan que a pesca  salvaxe, é dicir, o sector pesqueiro, se resinta en todos os aspectos. Porque as axudas emanadas das institucións autonómicas, nacionais ou comunitarias para a acuicultura non ten nin o máis mínimo punto de comparanza coa que se lle está a prestar á pesca marítima.

Un equipo internacional de investigadores apunta a un exceso de optimismo respecto do potencial acuícola sinalando que o tan cacarexado crecemento da produción acuícola futura corre o risco de nos facer baixar a garda ante o risco de esgotamento dos nosos mares.

O estudo -publicado en Frontiers in Marine Science- presta atención especial ao optimismo e o rápido crecemento da produción da acuicutura -algo no que tamén insiste a FAO- e o risco de que a expectativa de que só ela poda satisfacer a demanda mundial de peixe nos alonxe do compromiso de manter unhas poboacións de peixes salvaxes saudables.

A citada enquisa ofrece resultados que indican nidiamente que o ritmo de crecemento da acuicultura xa acadou o seu punto máximo e mesmo está comezando a diminuír. Apunta tamén que as proxeccións de crecemento da acuicultura mundial son probablemente esaxeradas e que se deben centrar máis na protección e recuperación das poboacións de peixes  salvaxes.  Porque, sinalan os expertos, se Europa reconstruíra e xestionara axeitadamente as súas pesqueiras, as capturas en augas comunitarias europeas poderían aumentar nuns 5 millóns de toneladas, máis ca actual produción anual da acuicultura europea; e cunha xestión pesqueira axeitada, as capturas mundiais poderían aumentar en máis de 16 millóns de toneladas ao ano.

Non é realista, polo tanto, a idea de que a acuicultura poda proporcionar  por si soa a maior parte do peixe que necesita o mundo. Este non se salva sen o concurso do peixe salvaxe que, nin moito menos, está en igualdade de trato coa produción acuícola no tocante ás axudas oficiais.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...