A Mostra Teatro Aguiño 2022 comeza o vindeiro 5 de novembro

01 Novembro 2022
Na foto, no Conservatorio de Aguiño, na rúa Castelao dese pobo, onde terá lugar a mostra, de esquerda a dereita está Pilar Millet, Elvira Pisos (presidenta, co cartel desta edición), Rosita Millet, Carmen Sampedro, e agachados Pepita Suárez e Unai González, todas directivas da entidade.

Como cada ano a asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño organiza a súa mostra de teatro afeccionado, neste caso xa a decimoterceira edición, que terá lugar os catro sábados de novembro comezando o vindeiro día 5 con Noite Bohemia da Coruña e o espectáculo “La Casa de Bernarda Alba”; o seguinte 12 será a quenda de A Tequerreté Teatro de Teo coa peza “O enredo”, o seguinte día 19 de novembro estará en Aguiño o Grupo de Teatro Charamela de Melide con “Agárrense que veñen curvas” e para rematar tocaralle á Agrupación Teatral Pedroso de Narón coa obra “Nin Deus entende ás mulleres”.

Trátase dunha mostra orientada a persoas a partir de 12 anos pero non está prohibida a entrada a menores acompañados dun adulto; as funcións serán ás 20 h e as portas do local abriranse 1/2 h antes de cada función para recoller donativos a favor da asociación ART FOR DENT que reune ás familias de varios nenos de Galicia e Asturias afectados por esta rara doenza que afecta aos riles e cuxos donativos íntegros van dedicados á investigación desta enfermidade levada a cabo no Idis-Nefro-CHUS de Santiago de Compostela. Ademais haberá fila 0 para que calquera poida facer o seu donativo na conta de abanca que ten a entidade. O primeiro día acompañaranos a familia Yañez, xa que o seu fillo Hugo é un dos nenos afectados por esta doenza e o derradeiro día da mostra tamén estarán con nós para entregarlles os donativos recadados ao longo de todo o mes; lembramos que a entrada ao teatro é gratuíta ata encher aforo e farase dende media hora antes sen ningún tipo de reserva previa. A capacidade do local é de 200 persoas sentadas e 300 de pé.

Para a organización desta mostra contan coa colaboración da Concellería de Cultura de Ribeira, da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural e tamén de empresas como CONRESA, Farmacia-Ortopedia Mariño, Digar de Artes, Fripusa ou Combustibles Puebla.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.