“A dereita política” – José Manuel Pena

07 Novembro 2022

A política é un pouco complicada para moitas persoas que viven do seu traballo, sen ningún tipo de hipoteca ideolóxica nin favores cos que cumprir e render tributo por iso.

É pouco comprensible e aceptable, para unha parte importante da xente do común, que líderes da oposición española acudan aos órganos de Goberno da Unión Europea para falar mal de España, poñendo molestias para que non desembolsen os fondos europeos. Iso non é patriotismo. A iso chámase politiqueo de salón, ao estar máis pendente dos poderes económicos e mediáticos, que da xente e da cidadanía española.

Algúns deses grupos políticos da oposición cando se pasean polo estranxeiro dedícanse a falar pestes do goberno de quenda do seu país, considerándose como únicos salvadores da patria. Utilizan discursos, redes sociais e os poderes mediáticos para dinamitar calquera acción de goberno.

Desde o primeiro momento, e van alá catro anos, propuxéronse, cos seus insultos e mentiras, chegar ao poder sen pasar polas urnas nin importarlles os medios empregados.

En España, a dereita política, nunca impulsou nin desenvolveu ningún dereito fundamental e cando se instalan na nosa lexislación dedícanse a recorrer os dereitos ante o Tribunal Constitucional: ocorreu co aborto, a eutanasia, a lei de vivenda de Catalunya, a memoria democrática, o matrimonio igualitario, a lei de educación, a reforma laboral, a dependencia, a infancia, etc. .

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.