A Coordinadora de Estudos de Mamíferos Mariños (CEMMA) achégase ao Auditorio de Rianxo con dúas actividades divulgativas do seu traballo baixo o título Golfiños na proa. 30 anos da CEMMA en Galicia.
Trátase dunha conferencia e dunha exposición que teñen o obxectivo de achegar coñecemento teórico-práctico e divulgación sobre as especies de cetáceos do noso litoral, percorrendo a anatomía, problemáticas e características de cada especie.
As actividades que se desenvolverán son as seguintes:
-Conferencia. O venres 04 de novembro ás 19.30 horas no salón de actos do Auditorio de Rianxo.
-Exposición. Do 04 ao 19 de novembro na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo.
Máis información no sitio web da CEMMA.
