A Comisión da Memoria Histórica e Mulleres do Barbanza organizan unha manchea de actividades para celebrar en Ribeira o 25-N

23 Novembro 2022

Os días 25 e 26 de novembro celebraranse en Ribeira diversos actos dedicados a conmemorar o 25-N (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres) organizados pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza, Mulleres en Acción e Amnistía Internacional.

En primeiro lugar, o día 25 ás sete e media da tarde comezará na praza do Concello un acto en memoria das vítimas da violencia machista. Esta xornada contará cunha exposición da man de Amnistía Internacional con paneis testemuñais de mulleres afgás reprimidas polo goberno talibán. Así mesmo, Mulleres en Acción realizará unha representación das distintas violencias contra as mulleres no mundo, lerán un manifesto e escribirán o nome de todas as mulleres asasinadas este ano na columna das Vidas Fendidas.

Ademais, a CRMHB presentará ás oito e media no Centro Cultural Lustres Rivas o X Episodio Republicano da Barbanza que leva por título Mari Pepa e Manuela: dúas mulleres de Lousame vítimas do franquismo realizado polo escritor e membro da Memoria Histórica Xerardo Agrafoxo. Esta será unha presentación acompañada pola música do grupo Barahúnda, formado por Helena de Alfonso e Jose Lara Gruñeiro.

No mesmo centro terá lugar o día 26 ás dez da mañá o II Encontro de Asociacións da Memoria Histórica. Ao longo da xornada farase un repaso dos temas de máxima actualidade, exporase a situación actual da Querela Arxentina, e destacan actividades como os debates da Lei de Memoria Democrática, no que participará o director xeral de Memoria Democrática do Ministerio de Presidencia de Madrid; e do presente e futuro da Illa de San Simón como Illa da Memoria.

A xornada rematará con dous relatorios, o primeiro sobre a recuperación da casa Cornide (A Coruña) e o segundo sobre a Memoria Histórica na Deputación de Pontevedra e as súas políticas públicas ao respecto. O encontro terá final ás sete e media da tarde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

Me siento plácidamente en una butaca y más que soñar me pongo a mirar atrás, muchos años atrás, años vivido en una infancia llena de necesidades, pero pletórica de imaginación. Y sin llorar me pongo a recordar, aquellos barquillos en forma de cono o planos que en...

“Facer cola”. Xulio Xiz

“Facer cola”. Xulio Xiz

A venda de lotería polo Nadal provoca colas que se ata hai pouco se formaban os días previos ao sorteo agora, igual ca todas as celebracións, se amplían de maneira que xa hai que facelas para mercar un boleto que pode facernos ricos, de paso...