“A comarca do Barbanza revalida á práctica totalidade dos patróns maiores dos seus pósitos”. Antón Luaces

26 Novembro 2022

Ou moi ben o fixeron durante estes catro anos de mandado, ou os pescadores e mariscadores da comarca barbanzana teñen unha fe absoluta nos patróns maiores das súas confrarías pescadores: da decena de pósitos nos que se celebraron elección a patróns maiores e cabidos a pasada fin de de semana, só unha conta con novo patrón maior. Nas nove restantes repiten todos e sen que accedera ao cargp ningunha  muller.

Deste xeito, en Muros repite como patrón maior Manuel Daniel Formoso Moledo, que compaxinou o seu mandado en Muros coa presidencia provincial das confrarías coruñesas, cargo no que -de presentarse novamente- podería sair reelixido o vindeiro día 9 de decembro, cando os patróns maiores da provincia da Coruña -a que conta con maior número de pósitos en Galicia-. Saia quen saia elixido ese día como presidente da federación provincial, deberá proceder á elección do presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores o 29 de decembro. Este cargo é ostentado por José Antonio Pérez Sieira que, moi probablemente, repetirá mandado.

No pósito de Palmeira (Ribeira) continuará Miguel Antonio Franco; na de Ribeira (o pósito máis importante da provincia) seguirá o xa citado José

Antonio Pérez Sieira; na confraría de Portosín repetirá mandado Jos

E Isaac Carreño Santos; na de Carreira-Aguiño (concello de Ribeira) , José Antonio Santamaria Sampedro tamén vai continuar outros catro anos como patrón maior. Sen embargo, na confraría de Cabo de Cruz (Boiro) estréase

Jesús Pérez Dieste na condición  de patrón maior. Na Pobra do Caramiñal proseguirá Emilio Maceiras Fernández, e na de Rianxo, Miguel Angel Iglesias Romero. En Noia seguirá coas rendas do pósito Santiago Cruiz Martínez, e na de Porto do Son, Emilio Queiruga Santamaría.

Son, en xeral, experimentados patróns maiores das confrarías de pescadores cuxo labor vai ser novamente posto a proba por un período de catro anos, As confrarías da comarca do Barbanza son, hoxe por hoxe, as de maior solvencia económica e social. Pero, ao mesmo tempo, tamén son as de máis ampla e dura problemática, pendente de resolución dende vai anos e que, en teoría, os novos cargos. Oxalá seda así.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...