A BrigadaMunicipal de Obras iniciou esta semana os traballos para proceder á cuarta fase da renovación integral do pavimento na rúa Manzanares, situada no histórico barrio ribeirense de Bandourrío.
Así, nesta nova intervención, financiada co remanente de tesourería, estáse a ser substituídas as lousas de granito da capa de rodadura por un máis resistente formigón pulido, acorde con zonas próximas do casco urbano da cidade. O tramo afectado é de 115 metros liñais.
