A Asociación Misela recibe o cheque de 3.245 euros recadados na V Andaina Solidaria, organizada polo club Trabandainas

30 Novembro 2022

A Asociación Misela, organización noiesa de asistencia e servizos para persoas con diversidades funcionais e cognitivas, recibiu esta semana o cheque por valor de 3.245 euros recadados na quinta edición da Andaina Solidaria en favor desta entidade inclusiva, organizada polo club de sendeirismo Trabandainas, en colaboración co Concello de Noia.

Ao acto de entrega, realizado no centro da Asociación Misela, acudiron o alcalde de Noia, Santiago Freire, e a concelleira de Deportes, Laura Salgado, así como a directiva do club organizador.

A ruta, que tivo lugar o pasado 9 de outubro, contou con récord de participación tras sumar un total de 541 persoas inscritas e máis de 400 participantes, así como o importe recadado de 3.245 euros superou o de todas as edición anteriores.

Tras a entrega do cheque, a concelleira de Deportes, Laura Salgado, alegrouse “de poder poñer o noso gran de area como Concello neste fermosa iniciativa que sirve de moita axuda e de apoio a un colectivo moi necesitado”.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.