A ABE pon en xogo 3.000 euros e centos de agasallos na súa campaña de Nadal

30 Novembro 2022

A ABE (Asociación Boirense de Empresarios) presentou na mañá deste 30 de novembro a súa campaña de Nadal. O obxectivo da mesma será novamente incentivar as compras na localidade nas próximas festas e ademais premiar a fidelidade dos clientes dos negocios asociados. Sortearanse 3.000 euros en premios e centos de agasallo. Estes recoñecementos á fidelidade co comercio de Boiro serán, segundo fixeron saber Daniel García (presidente da patronal) e José Ramón Romero (alcalde de Boiro), os eixes principais da campaña.

Daniel García e José Ramón Romero na presentación da campaña

Sorteo de 3.000 €

A campaña que comeza vai do venres 2 de decembro até o 8 de xaneiro e a mecánica é moi sinxela; os clientes deberán rexistrar os seus tíckets ou facturas de compra na web www.abe.gal para participar no sorteo de 3.000 € en Bonos ABE. Segundo explicou Daniel García estes bonos “poderán utilizarse en calquera das 200 empresas asociadas”. Tamén indicou que os 3.000 € “divídense en 1 premio de 1000 € e 10 de 200 € “. O sorteo dos premios será o luns 9 de xaneiro e a ABE contactará coas persoas premiadas (ao rexistrar os tíckets queda reflectido o teléfono e o correo electrónico das persoas participantes).

Catalogo de premios

Ademais do sorteo de 3.000 euros, os clientes que rexistren os seus tíckets ou facturas tamén acumularán puntos ABE para cambiar por agasallos do novo catálogo de premios da patronal de Boiro. Como indicou o presidente “o catálogo de puntos estará vixente durante todo o ano pero no Nadal convive coa campaña e os mesmos tíckets que se rexistran para o sorteo tamén acumulan puntos”. A metodoloxía tamén simple, dixo, salientando que o cliente, despois de realizar unha compra en calquera socio da ABE (comercio, hostalería, servizos…), terá a posibilidade de rexistrar os tíckets na web www.abe.gal. Con ese rexistro acumulará puntos que despois pode trocar por agasallos do catálogo de premios. Con cada tícket rexistrado o cliente consegue o 10% en puntos, que se van acumulando na súa conta. Cando chega aos necesarios para conseguir un agasallo so ten que contactar coa ABE para recollelo.

Aguinaldo con Bonos ABE

Co comezo da campaña de Nadal tamén se pon en marcha a campaña dos Bonos ABE para utilizar como aguinaldo das empresas para os seus traballadores. Con esta iniciativa a patronal pretende “mudar o hábito de regalar a típica cesta de produtos navideños” e trocala ou complementala “cos vales de compra para utilizar en calquera dos 200 socios da patronal de Boiro”.

Con esta proposta, sinalou o presidente, todo son vantaxes, xa que “evitamos o problema de non saber o que regalar, aforraremos tempo en mercar o agasallo e evitar ter que cambialo e teremos máis de 200 empresas onde utilizalos e miles de produtos e servizos para todos os gustos”.

García explicou que a ABE xa está recollendo pedidos das empresas, que son totalmente personalizados en canto á cantidade que quere para cada traballador e o obxectivo é superar os 8.000 € vendidos no pasado Nadal.

Agasallo de Nadal para as empresas asociadas

Par finalizar a ABE xa está enviando ás empresas asociadas o agasallo de Nadal, unha axenda personalizada que contén 18 páxinas coa memoria de actividades do ano 2022 e que vai acompañada dun calendario laboral para Boiro e a felicitación destas sinaladas festas.

Publicidade nas rúas

Para completar a campaña a ABE instará dous monólitos de 2,5 metros e catro caras cada un coa imaxe da promoción de Nadal, o catálogo de puntos e os bonos ABE, e deixará 1 coa campaña de apoio ao consumo local que vén desenvolvendo dende o mes de outubro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...