Os concursos de escaparates, locais, xardíns e fachadas distribuirán en Ribeira 1.800 euros en premios en metálico

15 Novembro 2022

O Concello de Ribeira xe está a preparar distintas actividades que a concelleira de Cultura, María Sampedro, presentou no día de hoxe. Tal é o caso dos os concursos de embelecemento de Nadal para a decoración de fachadas e xardíns, e tamén para decoración de escaparates de comercios e locais de hostalería.

As bases destes concursos publicáronse este martes 15 de novembro no Boletín Oficial da Provincia (tamén se poderá acceder a través da web municipal, www.ribeira.gal) e conforme ás mesmas vanse repartir un total de 1.800 euros en premios para as tres mellores decoracións en cada modalidade: comercios, locais de hostaleira e vivendas particulares.

Segundo fixo saber Sampedro, as persoas interesadas en participar deberán decorar os establecementos dos seus negocios ou fachadas de vivendas como data límite o 18 de decembro e mantelos ata o 6 de xaneiro. A fotografía da decoración e a ficha de participación cuberta deberán enviala do 12 ao 19 de decembro para que dende a Concellería de Cultura se poidan publicar no Facebook do Entérate e as máis votadas serán as gañadoras.

Ademais destes concursos, vanse celebrar Obradoiros de Arte Floral en todas as parroquias do municipio, dende o luns 12 de decembro ata o venres 23. Os participantes aprenderán a facer os seus arranxos florais e decoracións para adornar nas mesas e nas casas durante as festas.

Estes obradoiros serán de balde e celebraranse polas tardes, un día en cada parroquia agás o de Ribeira onde se organizarán dous, de seis a oito e media, e neles poderán participar veciños e veciñas de Ribeira maiores de 16 anos. Haberá un máximo de 20 prazas por parroquia e desenvolveranse sempre e cando se teñan conformado un grupo mínimo de 10 persoas por obradoiro.

A inscrición para participar nestes obradoiros poderá facerse de maneira presencial ou por teléfono no Centro Cultural Lustres Rivas a vindeira semana, do luns 21 de novembro ao luns 28, e o día 30 publicaremos as listaxes de admitidos que se seleccionaran por orde de inscrición.

Concurso de cartel e postal

Por outra parte, María Sampedro recordou que dende hai quince días está aberto o prazo para participar no concurso escolar para elixir o Cartel e a Postal de Nadal que se utilizarán de imaxe na cartelería do Concello de Ribeira. Nestes dous concursos poden participar todas as nenas e os nenos empadroados no municipio de Ribeira que estean escolarizados nos niveis de Infantil e Primaria dos centros escolares do concello de Ribeira, e de forma excepcional tamén poderán participar as e os menores de idade que cursen estudos en Infantil e Primaria na actualidade en calquera centro educativo do municipio aínda que non estean empadroados no concello de Ribeira.

Cada neno/a só poderá participar cunha creación en cada modalidade: cartel e postal e o tema da obra deberá estar relacionado co Nadal. Todos os detalles deste concurso están publicados na web municipal pero recordar que o prazo está aberto ata o 30 de novembro, debendo entregarse no Centro Cultural Lustres Rivas e que os premios para os premiados serán vales de compra por importe de 150 € para cada modalidade para gastar no comercio local.

A concelleira de Cultura avanzou por último que pensando nas vacacións escolares da poboación infantil, prepararase un programa de actividades especial para estas datas así como os campamentos para axudar ás familias coa conciliación dos que se dará máis información nas vindeiras semanas.

Outros artigos

Xa podemos votar na Rede pola Palabra Galega de 2024

Dende o ano 2014 o Portal das Palabras convida a todas as persoas que o desexen a participar na escolla da Palabra do Ano. Deste xeito, logo da fase de recolla de suxestións, a Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié abren este mércores 11 de decembro a fase...

+

A Misela achega este domingo en Porto do Son un concerto de Nadal

A Casa da Cultura de Porto do Son vai acoller este domingo 15 de decembro un concerto de Nadal a cargo da agrupación noiesa A Misela, a partir das 19.30 horas, organizado pola Área de Cultura municipal e dentro da programación de actividades elaborada para estas...

+

Outes acolle esta “finde” a súa Feira de Nadal

O Concello de Outes organiza esta fin de semana unha actividade de celebración de Nadal que tamén conmemora e reivindica un xeito saudábel e responsábel de consumir e festexar estas festas, en clave de proximidade: a Feira de Nadal en Outes, un punto de encontro na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...