Este 12 de outubro celebrouse a XVII Carreira Pedestre de Lestrobe, recuperada polo concello de Dodro no ano 2019 despois de varios anos. Tivo unha participación de 371 atletas que percorreron as rúas de
Lestrobe e a súa veiga, desde os 100 m. da categoría Pavón hasta 10 km na categoría Absoluta.
Disputouse nun día fantástico para a práctica deportiva e nun magnífico ambiente, tampo por parte d@s participantes coma do numeroso público que se achegou a presenciar as carreiras. As 11:00 da mañá comezaron a disputarse as categorías de base e as 12:15 disputouse a categoría Absoluta coa vitoria de Alejandro Pesado Fernandez do Club Atletismo Sar na categoría masculina e de Ainoa Gontán Iglesias do SD Compostela Atletismo na categoría feminina.
O concello de Dodro quer agradecer a tod@s @s participantes e ao público o seu compromiso cos valores do deporte, esforzo, compañeirismo, deportividade, respecto, igualdade… que demostraron neste evento tan importante para o noso concello.
Agradece ao voluntariado pola súa gran labor, ocupándose de que todo estivera nas mellores condicións, desde a entrega de dorsais e camisetas, revisión do percorrido, seguridade viaria, avituallamento, fotografías, premiacións…
Queren estender o agradecemento ao CD Dodro pola súa aportación de voluntariado e a Asociación Andaina Pro Saúde Mental na doazón de avituallamento de bebida isotónica, a Protección Civil e Emerxencias de Padrón e os seus voluntarios polo control do percorrido e de forma especial a madriña da prova Verónica Calvo Dopazo pola súa total colaboración.
O Concello de Boiro completa pavimentados no centro urbano e en Vista Alegre, Currillo e Cubelo
O Concello de Boiro está a levar a cabo a renovación de pavimentos en varias rúas do núcleo urbano e tamén na contorna do complexo deportivo de Vista Alegre, en Cubelo e no Currillo. En total destínanse 65.927 euros de fondos propios para este plan de renovación de...