Este xoves, San Bruno, recupérase a influencia anticiclónica sobre Galicia, con ventos do nordés. Así, os ceos permanecerán pouco nubrados ou despexados en xeral, con nubes baixas no norte da provincia de Lugo que poderán deixar algún orballo, máis probable durante a mañá. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas descenderán na metade leste e ascenderán nas Rías Baixas. O ventos soprará do nordés, con intervalos fortes entre Bares e Fisterra.
Temperatura do aire (°C)
MINMAX 14° 27°
Temperatura da auga (°C)
16°
Índice ultravioleta máx.
4
meteogalicia
O NOSO MAR: Vento do nordés á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 3 a 5 á mañá e 3 a 4 á tarde e á noite. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e 1.5 a 2.5 metros á tarde e á noite.
As Rías Baixas e a área de Santiago estarán este mércores baixo a influencia anticiclónica, aínda que con certa inestabilidade debido á presenza de aire frío en capas altas. A xornada comezará con ceos pouco nubrados ou despexados, con presenza de brétemas no litoral...
A inestabilidade atmosférica continuará este martes nas Rías Baixas e en Santiago, cunha xornada marcada polas brétemas costeiras e polos intervalos de nubes e claros no interior. As temperaturas non experimentarán cambios significativos ou mesmo rexistrarán un...
Comezará a semana marcada por unha situación de certa inestabilidade atmosférica. Durante a xornada do luns 15, as brétemas costeiras serán protagonistas en boa parte do litoral. No interior, pola contra, os ceos presentaranse máis abertos durante as primeiras horas...
O domingo será un día de inestabilidade atmosférica en Galicia debido a un embolsamento de aire frío en altura sobre Portugal. Con o avance do día, as nubes de evolución darán lugar a chuvascos treboentos en moitos puntos do interior de Rías Baixas e Santiago. As...
He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...
El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...