Xoves con nubes e claros e baixa da temperatura

12 Outubro 2022

Durante a xornada do xoves, Galicia manterase baixo a influencia das altas presións, aínda que os ventos irán tomando compoñente oeste co avance do día.

Con esta situación, agárdanse intervalos de nubes baixas e néboas e nubes de tipo alto. A partir do mediodía, o ceo irase cubrindo de oeste a leste, con algún orballo disperso pola noite na provincia da Coruña. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con algúns descensos na fachada atlántica lixeiros e puntuais. Os ventos soprarán frouxos, collendo compoñente oeste ao longo da xornada.

Temperatura do aire (°C)MINMAX 13° 23°
Temperatura da auga (°C) 15°
Índice ultravioleta máx. 4
meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá, do oeste á tarde e variable á noite, forza 2 a 3 á mañá e á tarde e 1 a 2 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar00:300.7 m
Preamar06:413.6 m
Baixamar12:500.7 m
Preamar19:023.5 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar00:210.7 m
Preamar06:343.5 m
Baixamar12:410.8 m
Preamar18:543.4 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar00:260.7 m
Preamar06:383.5 m
Baixamar12:460.7 m
Preamar18:583.4 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.