“Vítimas e verdugos” – José Manuel Pena

31 Outubro 2022

Demasiadas mulleres continúan sufrindo as consecuencias da violencia machista. Algunhas non chegan a denunciar por medo aos seus verdugos, mesmo chegan a asinar a separación ou o divorcio, por mutuo acordo, en sede xudicial para non prexudicar ao maltratador que se vai de rositas e mantén aberto o camiño para atopar a outra vítima inocente e volver a reincidir impunemente.

Todos coñecemos a mulleres que teñen que saír adiante como mellor poden, coas súas cargas familiares. Algunhas adicáronse ás tarefas do fogar e ao coidado dos fillos do matrimonio para daquela unha vez chega o divorcio, apenas recibir unha pequena pensión compensatoria, por parte da súa ex parella. Por certo, algúns machos alfa tratan de negociar coas empresas a cobranza dunha parte do salario fóra das canles legais ou ben traballan para empresas piratas a cambio de diñeiro negro e así ocultar os seus ingresos reais, prexudicando ao seu ex parella e aos seus propios fillos.

As secuelas psicolóxicas, que padecen moitas mulleres eternízanse no tempo, a pesar da axuda profesional. Quedan noqueadas e totalmente paralizadas para engancharse á vida, Angustias, ansiedades e depresións son algunhas das patoloxías máis frecuentes que as anulan como persoas, nais e traballadoras.

Calquera muller maltratada ten que seguir unha serie de protocolos para a súa rehabilitación. Non poden aconsellalas a que busquen un traballo inmediatamente ou outra nova parella. Tamén hai axudas económicas e habitacionais, se fose necesario, para que poidan saír do inferno que viviron, con total tranquilidade, evitando recaídas.

Por outra banda, tampouco podemos esquecernos de que non só sofren as mulleres, tamén os fillos son vítimas e necesitan atención desde os departamentos dos servizos sociais de base ou comunitarios, xunto coa colaboración da Consellería da Muller, Familia ou Benestar Social.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.