Venres con nubes altas e temperaturas sen grandes cambios
06 Outubro 2022
Non se agardan cambios significativos para o venres, xa que Galicia continuará na influencia das altas presións, con réxime de ventos do nordés. Así, teremos nubes de estancamento con algunhas chuvias febles na Mariña de Lugo e ceos pouco nubrados ou con intervalos de nubes altas no resto. Pola tarde medrarán nubes de evolución en comarcas montañosas do interior que darán lugar a treboadas illadas. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará do nordés, frouxo no interior, moderado no litoral, con intervalos fortes en Costa da Morte.
Temperatura do aire (°C)
MINMAX 18° 27°
Temperatura da auga (°C)
15°
Índice ultravioleta máx.
3
meteogalicia
O NOSO MAR: Vento do norte á mañá, do norte á tarde e do nordés á noite, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 4 á tarde e 3 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 2.5 metros á mañá e 1.5 a 2 metros á tarde e á noite.
A comunidade galega quedará este mércores 14, San Calixto e San Evaristo, baixo a influencia das altas presións e a entrada dunha masa de aire cálido, configurando un escenario xeral de estabilidade meteorolóxica en todo o territorio. O día comezará con bancos de...
A influencia anticiclónica deixará este martes unha xornada maioritariamente seca e despexada tanto en Santiago de Compostela como nas Rías Baixas, á marxe da fronte feble que rozará o litoral norte galego. Aínda que a mañá comezará con bancos de néboa e nubes baixas...
A temperatura global superou por segundo mes consecutivo a barreira crítica dos 1,5 °C respecto aos niveis preindustriais, nun contexto marcado polo auxe dun fenómeno de El Niño excepcionalmente intenso. O mes de setembro de 2026 pechouse como o segundo setembro máis...
A comunidade situarase nunha área intermedia de presións que deixará estabilidade térmica e ventos frouxos do suroeste. Galicia atoparase este luns 12, Festa Nacional e do Pilar, nunha situación meteorolóxica intermedia entre as altas e as baixas presións, marcada...
Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...
Desde patrullas neofascistas a Núcleo Nacional, pasando por Vox, Aliança Catalana e outros grupos políticos, a España que afronta as eleccións xerais do vindeiro mes de decembro vai por uns vieiros que outros españois de antano percorreron para ir parar a unha guerra...