Velada literaria no Liceo Marítimo de Ribeira

23 Outubro 2022

Cun interesante feixe de aportacions pechou o debate literario da tarde do venres 21 no Liceo Maritimo de Ribeira, xunto coa presentación de Os acios tardegos, a actual novela de Antonio Piñeiro.
O valor do libro en papel, a cuestión da lectura ou a conxugacion coas artes plásticas foron alguns puntos clave, acompañados da propia analise da novela.


Unha novela que transita rítmicamente polos espazos de Santiago e Roma, cunha viaxe pola vida compostela do seculo XVI e unha intriga nas bibliotecas vaticanas.
O Liceo Maritimo abre así o vieiro dunha sua nova andada co Espazo Cultural, cousa que Antonio Piñeiro resaltou con orgullo, coa ledicia que sempre produce iren da man a arte e a comunidade social.
Neste sentido, xunto con cada exemplar da novela, o Liceo Maritimo achegou aos asistentes unha peza artística do propio autor; un cruceiro galego en técnica mixta sobre papel, con matices de vitral gótico, que fixo as delicias do público. Os expertos Isabel Santos, Maria Xesus Blanco e Xesus Laiño, xunto coa presidencia do Sr. Alcalde, Manuel Ruiz Rivas, encheron de contido e reflexión o acto, indicando que xa esta prevista unha outra actividade ao abeiro do Liceo Maritimo de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...