“Traballos de forxa antiga”. Antonio González Millán

14 Outubro 2022

Tarde de outono. Tempo ideal para camiñar pausado e atento polo rueiro e polas prazas dun centro urbano resultado da fusión da vila medieval da Pobra do Deán e da vila renacente do Caramiñal. ✍️ Sería durante o derradeiro tercio do século XIX e primeiro do século XX, e como consecuencia dunha rigorosa aplicación do plan de ordenación urbana redactado por Faustino Domínguez Domínguez, o primeiro arquitecto provincial da deputación da Coruña, cando se definiría esta unidade xeral do que se ven chamando “arquitectura tradicional” daquela moderna Pobra do Caramiñal.

⚜️ Na nosa visita observaremos unha maioría de inmobles compostos, en orixe e en xeral, de baixo e ata dúas prantas. Cun alzado das fachadas principais de marcada uniformidade: (1) Emprego de sillares de canteiría nos zócalos, esquinas, liñas de impostas, cornixas e nos enmarcamentos das portas e ventanas; (2) Emprego de cachotería revocada por grosas capas de cal nos panos dos muros exteriores; (3) Distribución simétrica da apertura dos ocos, e estes cun formato vertical, así para portas como para ventanas; (4) Sendo co tempo frecuente o engadido dun novo piso superior aberto a un corredor, elemento que as mais das veces foi logo pechado por galerías de madeira e vidro, primeiro, e de fundición industrial, en datas posteriores.

⚜️ Ao acerto do terse sometido o construido a liñas, alturas e volumes regularizados débelle A Pobra do Caramiñal de hoxe o seu tipismo nas grandes rúas e prazas herdadas: respondendo a conceptos de espazo, de edificabilidade e de deseño de inmobles, tanto os de usos públicos como privados, característicos dun urbanismo vilego e dunha estética rexionalista, ecléctica ou, se o prefiren, tradicional.

♥️ Tarde de ceo gris e arrecendo con anuncio de choiva. Sons dun vento asubiador no mar e no campo. Ameazantes crestas graníticas na serra. Motivadora para recoller en imaxes unha breve escolma de elementos utilitarios ainda conservados a pesar de modas, de cambio de gustos, expolios e actos vandálicos.

♥️Dando por suposto que a maioría temos na mente as reixas artísticas dalgún monumento como o templo de Santiago do Deán, é dicir, as existentes na Capela da Transfiguración ou de Saco Bolaño ou do Sacro, pois por todas estas denominacións se coñece (século XVII, pero con reformas posteriores, c. 1800) e na Capela do Santuario de Xesús Nazareno (1806)… e que, igualmente, coñecemos fermosas galerías en serie saídas da producción industrial das vellas funcións de Carril e de Vilagarcía, presentes no que era o Casino de Caballeros, nas residencias burguesas de fomentadores cataláns nos Areos, na Casa do Concello… nesta ocasión quixemos por en valor algúns traballos de forxa artesanal e de ferreiros, oficios tempos atrás tan activos nas nosas vilas. ⚜️ Un chamador ou aldaba. ⚜️ Unha cuberta de pechadura. ⚜️ Unha trabe de portalón. ⚜️ Un enreixado de corredor.

No Antigo Réxime estas actividades profesionais eran tan importantes que promoverían o tráfico e o mercadeo do ferro “de viscainos” ou a fabricación e arranxo das ferranentas de canteiros e labregos na feira do antigo priorado de Nsa. Sra. da Mercé (Posmarcos), en especial, durante os séculos XVII e XVIII. Velaí un, outro, oficio para rescatar.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.