“Tacto rectal” – Xulio Xiz

20 Outubro 2022

Hai uns corenta anos, a un compañeiro fixéronlle unha proba relacionada con problemas intestinais, que debía ser similar ao “tacto rectal” pero con medios mecánicos, o que lle provocara sensacións inéditas e desagrables. Aos bárbaros que o rodeabamos, pura inconsciencia, causábanos hilaridade a situación e agora, ao lembrala, dáme vergoña.

O “tacto rectal” debe ser a versión simplificada e moderna daquela situación aínda que, polo que parece, sigue impoñendo. Tamén polo que parece, fixéronmo dúas veces. Unha, o médico de cabeceira, hai tempo. Outra, un especialista que se asombraba de que eu non lembrase ese feito sete meses despois.

Como non vai lembrar esa consulta se se lle fixo un “tacto rectal”?, díxome. Pois non, non me lembro, confesei. A causa posible, argüín, é que veño preocupado polo meu maior problema, diabético-renal, e o demais o cerebro esquéceo. Faltoume dicirlle que cando vou a unha consulta vou disposto a todo, e superada a proba reintégrome – moi condicionado, – á vida normal.

O especialista non quedou conforme, e algo mencionou da miña idade – non sei se favorable ou a contraria – e proseguiu a consulta. Eu estaba cunha gripe que xa duraba oito días, moito peor ca o COVID que me veu en maio, e tiña que facer equilibrio coas explicacións, a puñeiteira mascariña e as fontes do narís… polo que o médico tendeume un feixe de panos de papel para que soase os mocos.

Non sei o que apuntaría nas súas notas, pero teño por certo que foi a peor impresión que a alguén lle teño causado. Como non me receitou nada – bueno, si, unha biopsia – supoño que o meu caso non ten moito amaño.

Outros artigos

“Que parte del no, no entiende Trump” – Manuel Domínguez

Que parte del no, no entiende Donal Trump. La ONU es una organización para la defensa en caso que un país  miembro sea atacado, todos saldrán en defensa a de él, es una defensa mutua. Y EE UU no fue atacado por nadie, Trump hizo un ataque personal, sin permiso...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ser de alguén” – Xulio Xiz

“Ser de alguén” – Xulio Xiz

A pregunta “de quen ves sendo?” é habitual no noso rural e aínda nos pobos, por estimar que nos axudará a identificar ao interlocutor. Que non é privativo desta fin do mundo, pois a pregunta formulárona musicalmente alto e claro – “Y tú, de quién eres? – os andaluces...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.