Ribeira aproba a regulación de concertos durante o inverno

20 Outubro 2022

Tal e como fora anunciado, a xunta de goberno local do Concello de Ribeira aprobou no día de hoxe a regulación que rexerá a celebración de concertos de pouca entidade no termo municipal logo de que a semana pasada procedera á súa suspensión temporal para clarificar unha serie de criterios.
En base ás cláusulas aprobadas (e que rexerán as actuacións musicais entre o 1 de outubro de 2022 e o 31 de maio de 2023), as solicitudes deberán presentarse cunha antelación mínima de 8 días naturais ao da celebración do evento e só para un período quincenal.
En ningún caso poderá coincidir máis dun concerto exterior na mesma zona (150 metros de distancia aproximadamente) Os datos e horarios vixentes na tempada de inverno serán os seguintes:
Sesión “Vermú”: sábados, domingos e festivos: entre 13.00 e 16.00 horas.
Interior de Locais:
Café Bar: mércores, xoves, venres: de 20.00 h a 23.30 h. sábados e víspera de festivo: de 20.00 h a 00.00 h.
Cafetería: mércores, xoves,venres: de 20.00 h a 23.30 h.sábados e véspera de festivo: de 20.00 h a 00.00 h.
En todo caso ata un máximo dun concerto semana..
Pubs e cafés concerto: mércores xoves, venres: de 20.00 h a 23.30 h sábados e véspera de festivos: de 20.00 h a 02.00 h.

Exterior de locais: para todas as licenzas:
venres: de 20.00 h a 23.00 h
sábado e véspera de festivos: de 20.00 h a 00.00 h.
Os locais que queiran realizar unha actuación en interior poderano facer os mércores o xoves en horario comprendido entre as 20.00 h e 23.30 horas, como máximo un día á semana. Exceptúanse desta consideración os locais que dispoñan de licenza de pub, que se rexerán pola mesma.
As solicitudes deberán presentarse no modelo oficial que se dispoña ao efecto tanto na sede electrónica (persoas xurídicas) como nas dependencias municipais da Oficina de Atención ó Cidadá (persoas físicas), e que incluirá unha DECLARACIÓN RESPONSABLE na que se asuma o compromiso de cumprir coa normativa vixente en materia de horarios e de ruídos, non podendo en ningún caso exceder do límite de 90 decibelios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.