Rianxo oficializa este sábado o cambio do nome do complexo deportivo, que pasa a chamarse Pavillón Municipal José Manuel Abuín – Chema

07 Outubro 2022

Este sábado 8 de outubro está previsto formalizar en Rianxo o cambio de nome do Pavillón Municipal de Deportes, que pasará a chamarse Pavillón Municipal José Manuel Abuín – Chema, en base ao estipulado no acordo plenario da Corporación do 24 de febreiro deste ano e en recordo ao traballo municipal finado en 2020. José Manuel Abuín, Chema, desenvolveu durante mais de 25 anos os labores de conserxe en dita instalación, ademais de participar activamente no impulso e fortalecemento do deporte local desde o Club Voleibol Rianxo.

O acto celebrarase ás 16:30 h. no Pavillón e contará coa presencia de Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, Xusto Ordóñez, concelleiro de deportes, así como a familia de Chema, compañeiros de traballo, membros da Corporación, compoñentes do Club Voleibol Rianxo e outras entidades deportivas do Concello.
Co descubrimento do novo rótulo identificativo do complexo deportivo e dunha placa na súa lembranza no interior, darase paso a un encontro amigábel no que participarán deportistas, ex-deportistas e amigos do club de voleibol que compartiron con Chema moitos anos de proxectos e traballo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.