Renacer leva ao alumado de Secundaria e FP as súas actividades divulgativas sobre sexo, saúde, novas tecnoloxías e adicións

10 Outubro 2022

A asociación ribeirense Renacer, centrada en achegar recursos que nos liberen das ataduras das drogodependencias, en calquera das súas moitas e variadas manifestacións, vén de activar un programa de divulgación e sensibilización dirixido á poboación adolescente da nosa comarca: o programa Aprendendo a crecer, que se levará a cabo até o mes de xuño en centros docentes de Educación Secundaria e FP Básica de Ribeira, Porto do Son e Boiro.

En cada centro celebraranse tres sesións de cen minutos de duración cada unha e estarán centradas en temas como a resolución de conflitos no ámbito educativo, a autoestima, a toma de decisións, o sexo seguro e consentido, o uso responsábel das novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (as TIC), a promoción da saúde e dos hábitos saudábeis, as habilidades sociais, a prevención de doenzas sexuais e da SIDA, as consecuencias das adiccións ou a asertividade.

Rematadas a entidade Renacer fará un balance dos froitos obtidos durante o curso.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.