“Que, por que e para que a prohibición da pesca de fondo?”. Antón Luaces

04 Outubro 2022

A Comisión Europea, por máis que se empeñe o eurocomisario Sinkevicius en demostrar o contrario, non é senon un chanzo na escaleira que todos os cidadáns comunitarios debemos subir e baixar cando de negociar algo que afecte á Unión Europea se trate. E unha negociación foi a que se levou a cabo vai unha semana para a adopción do Regulamento de Execución da CE sobre a proteción  dos Ecosistemas Mariños Vulnerables. Un chanzo, non  a Unión Europea. Isto é o que ven ser a CE. Máis nada e nada menos. E non está todo dito, por máis que fora o Consello de Ministros o que deu ese paso avante que nega á frota de pesca de fondo calquera posibilidade de faenar nun total de 87  zonas “sensibles” de máis de 16.000 quilómetros cadrados de mar atlántico.

Esta decisión, como ben saben os lectores do Barbanza, leva á ruína a centos de mariñeiros e armadores españois -nomeadamente galegos- que son os máis prexudicados por esa decisión da Comisión Europea.

A secretaria xeral de Pesca, a galega Alicia Villauriz, dixo en Vigo durante a inauguración este luns do Congreso FAO-Conxemar, que o Ministerio ten a determinación de reverter a situación xerada após ser  aprobado o devandito Regulamento, que debería terse baseado na millor evidencia científica disponible, en colaboración co sector, e dun xeito equilibrado,  con atención ao impacto socioeconómico xerado. Pero o certo é que, ujnha semana máis tarde do acordo antedito, o Ministerio de Pesca nada fixo para recorrer ese Regulamento, como tampouco o ten feito a Xunta de Galicia por máis qwue uns e outros prediquen o contrario.

Deste xeito non é de estranar que o secretario xeral do sindicato CIG,   Paulo Carril, e o responsable de CIG-Mar, avier Aboi, comparezan na mañá deste martes en Vigo, para anunciar o comezo dunha “ofensiva xudicial” contra ese veto á pesca de fondo por parte da UE e a posta en marcha dunha campaña de mobilizacións para forzar aos gobernos a dar marfcha atrás nunha decisión “que suporá a destrución de milleiros de empregos neste país”.

Os responsables sindicais abordarán tamén  o escenario que se abre a oartir deste próximo domingo, cando “centos de barcos galegos xa non poderán faenar nas 87 zonas vetadas”, sen que se teña articulado  ningún mecanismo que impida o elevado impacto socioeconómico para Galicia e o enorme prexuizo que suporá para o persoal do sector e para as empresas armadoras.

Fraco servizo está a facer á pesca, hoxe e no futuro inmediato, un eurocomisario que debe contar os peixes cos dedos e seguro que algúns destes aínda lle sobran.

Mais, desgraciadamente, seguimos a calar e á espera do que podan determinar outros prexudicados como Portugal, Francia e Irlanda que, con menos danos para os seus intereses pesqueiros, son máis decididos á horfa de defender os seus intereses.

Outros artigos

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

Todos sabemos que la historia de Romeo y Julieta es una novela, de W Shakespeare Pero la hermosa historia de amor entre Pedro I rey de Portugal y la gallega, Inés de Castro, es realmente dolorosamente y admirablemente cierta Por temor a que los hijos de Inés,...

+

“Os sons da natureza”. Luís Celeiro

Impresionante, unha fermosura, un conxunto con máis de mil instrumentos de música queveñen de atrás e que manteñen o seu valor incalculable. A memoria da música de Galiciagardarase nunha casa anovada para este fin en A Seara, no concello de Quiroga, entrando esubindo...

+

“Cuando hay un mañana, no habrá muerte” – Manuel Domínguez

Cuando hay un mañana, no habrá muerte Por mal que sean los tiempos, por muy amenazante que sean las tempestades, si hay mañana, hay futuro. Víctor Frankl, pasó en la II Guerra Mundial, por diferentes campos de concentración, estuvo en Theresienstad, Auschwitz, Dachan,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manipulación, trolas e desinformación” – José Manuel Pena

“Manipulación, trolas e desinformación” – José Manuel Pena

O paso do tempo ponnos enriba da mesa unha absurda realidade sobre o actual ambiente político en España, moi contaxiado polo poder do centralismo ou nacionalismo madrileño. A manipulación, as trolas e a desinformación son algunhas circunstancias que nos impiden ver a...