Publicadas as normas reguladoras dos sorteos de permisos de pesca fluvial para a vindeira tempada

10 Outubro 2022

A Xunta acaba de publicar as normas polas que se regulan os sorteos e a venda de permisos de pesca fluvial nos coutos galegos de cara á tempada 2023. Segundo se recolle na resolución que sae hoxe no DOG, os interesados poderán presentar as súas solicitudes a partir de mañá, 11 de outubro, e ata ás 24,00 horas do día 28 deste mesmo mes.

A continuación, o 7 de novembro, publicaranse as listaxes provisionais e o día 21 darase a coñecer a relación definitiva. Como en anos anteriores, realizaranse dous sorteos por provincia: un para os permisos de salmón e outro para os restantes tipos de permisos de pesca. A data prevista para a súa celebración é o 28 de novembro, as 12,00 horas.

As solicitudes deberanse presentar preferentemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. De forma opcional, tamén se poderán formalizar en soporte papel nos rexistros das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

As solicitudes en grupo requirirán ter unha persoa responsable que presente unha primeira solicitude na que se identifique, no punto correspondente, a todas as demais persoas participantes.

Cada participante só poderá figurar nunha solicitude individual ou nunha de grupo para cada un dos sorteos previstos. Os resultados destes sorteos poderán consultarse na páxina web de pesca fluvial da Xunta e nas oficinas dos servizos provinciais de Patrimonio Natural.

Os interesados deberán consultar tamén na citada páxina o día e o rango horario no que lle corresponderá escoller os permisos. Na fase de escolla, os solicitantes poderán optar a participar empregando a vía telemática ou ben mediante unha chamada aos teléfonos que lle serán indicados durante o desenvolvemento do procedemento.

En 5 días naturais, contados desde a data da escolla, os permisos seleccionados deberán ser abonados. Nos casos en que non se retiren os permisos nin persoal nin telematicamente, poderase xustificar o seu pago mediante envío por correo electrónico da copia para a Administración do impreso de liquidación debidamente formalizado.

Aquelas persoas que no prazo fixado non realicen o pago dos permisos que teñen reservados, entenderase que renuncian á súa participación na fase de escolla de permisos e non poderán adquirir novos permisos na aplicación informática durante o resto da tempada de pesca, agás circunstancias de forza maior documentalmente acreditadas. No caso de pagar os permisos reservados fóra do prazo establecido, habilitarase o acceso á aplicación informática na fase de venda libre.

Nas oficinas dos correspondentes servizos provinciais de Patrimonio Natural manteranse os servizos de información e expedición de permisos.

Outros artigos

Mércores 4, nubes e claros con lixeira suba da temperatura

O mércores teremos néboas e nubes baixas en comarcas do interior, co avance do día irá quedando o ceo moi aberto en xeral con nubosidade de tipo alto. Pola noite volveranse cubrir os ceos polo oeste da Comunidade. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...