“Posta de quilla en Armón Vigo, do buque oceanográfico Odón de Buen”

15 Outubro 2022

Este sábado tivo lugar nos estaleiros Armón Vigo o inicio dos traballos da posta de quilla do que será o maior buque de investigación oceanográfica da frota española destinada a esta actividade marítima. Trátase do Odon de Buen, nome que corresponde ao fundador do Instituto Español de Oceanografía (IEO), pioneiro da oceanografía en Europa.(Odón de Buen y del Cos foi un naturalista e oceanógrafo español que naceu en Zuera (Zaragoza) en 1863, e finou en Ciudad de México (México) en 1945).

O navío será construido con fondos do Estado por valor de 85 millóns de euros. Terá unha eslora de 85 metros, por 18 de manga. Disporá de vehículos submarinos  que serán quen de operar en profundidades de ata 6.000 metros, tres veces a capacidade de submersión dos equipos do tamén buque oceanográfico do IEO Ángeles Alvariño ao que, en diversas ocasións nestes últimos meses, se teñen referido as familias dos tripulantes desaparecidos no naufraxio do pesqueiro Villa de Pitanxo para a súa utilización nas tarefas -nunca realizadas ata o de agora- de inspección do pecio do arrastreiro de Marín afundido en augas de Terranova o pasado 15 de febreiro.

O Odón de Buen estará dotado de tecnoloxía de vangarda que lle permitirá o estudo de ecosistemas, hábitats e fondos mariños en todos os océanos, incluidas as zonas polares. A súa autonomía será duns 50 días de navegación. Os laboratorios ocuparán un espazo de 500 metros cadrados, con capacidade asimesmo para 58 persoas a bordo. Os equipos de propulsión e navegación, deseñados para unha navegación silenciosa, permitirán que no se alteren os fondos mariños  nen perturben ás poboacións mariñas.

No acto de inicio da construcción e montaxe do Odón de Buen, celebrado en Vigo este martes pola mañá, estiveron presentes, entre outras autoridades, a ministra de Ciencia e Innovación, Diana Moranti; o conselleiro-delegado do Grupo Armón, Landelino Alperi; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; o director do IEO de Vigo, Pablo Carrera, e o director da Unidade de Tecnoloxía Maríña, Jordi Sorribas

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...