Porto do Son e Ribeira inauguran unha nova edición (a oitava) do Obradoiro de Emprego Tahume

03 Outubro 2022

Este 3 de outubro os Concellos de Porto do Son e Ribeira inauguraron a nova edición do Obradoiro de Emprego Tahume, a oitava edición desta iniciativa dirixida a favorecer a inserción laboral das persoas desempregadas dos dous municipios a través de formación especializada, avanzada e dunha índole marcadamente práctica, poñendo o foco na mocidade local. Un total de vinte alumnos e alumnas participan xa nesta convocatoria. Esta oitava edición será dual xa que serán impartidas dúas especialidades distintas, por unha banda operacións básicas de cociña e pastelería e, pola outra, confección e montaxe de artes e aparellos. Na apertura do obradoiro participaron María Sampedro, concelleira de Cultura do Concello de Ribeira, e Manel Deán, concelleiro de Emprego en Porto do Son. Ambos deron a benvida á vintena de alumnos que integran o Tahúme VIII e destacaron a importancia destes cursos formativos para chegar ó mercado laboral cunha preparación axeitada.

A especialidade de Operacións básicas de cociña e pastelería será cursada por 12 alumnos. Nela, o alumnado terá a oportunidade de desenvolver almorzos solidarios, almorzos saudábeis, menús degustacións, xornadas de showcooking e eventos gastronómicos. Polo que respecta á especialidade de Confección e montaxe de artes e aparellos, está dirixida a oito persoas. Nesta formación, os asistentes desenvolverán este tipo de traballos para fondos expositivos dos museos, ambientación de feiras e outras actividades estivais, decoración de espazos urbanos, divulgación en centros escolares ou para o seu uso en instalacións deportivas, para canastras, porterías, etc…

Ambos cursos constarán dunha fase inicial que se imparte no edificio do Mercado Municipal de Ribeira e dunha segunda fase na que os alumnos de artes e aparellos trasladaranse ao Viveiro de Empresas de Porto do Son. A duración deste obradoiro dual é dun ano.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.