Os traballos de mellora do Pavillón Agustín Mourís (Noia) entran na súa recta final

05 Outubro 2022

O Concello de Noia fixo balance dos traballos que impulsou para rehabilitar e mellorar o Pavillóin Polideportivo Municipal Agustín Morís, unha intervención que segundo informaron fontes do Consistorio “entra na súa recta final para que axiña o complexo poida abrir de novo as súas portas”.

Con esta actuación incrementouse a superficie sobre os vestiarios cunha renovación que permite “un mellor aproveitamento do espazo e ampliación da grada, aumentando o aforo do recinto”, engadiu o Concello, facendo saber que de xeito paralelo conseguise crear novas zonas para o ximnasio, sala de prensa e palco de autoridades, “conformando un complexo deportivo de nivel acorde coas disciplinas deportivas e competicións que se desenvolven nas instalacións”.

Ademais, o compendio de obras recollen melloras na accesibilidade ao recinto, así como a instalación de portas de evacuación e a ampliación do recibidor de entrada.

Tras comprobar o avance das obras, o alcalde de Noia, Santiago Freire, destacou “a aposta en firme que este Goberno local está a facer polo deporte e polos deportistas de municipio, mellorando as infraestruturas para que poidan contar con equipamentos de primeiro nivel. Esperemos que este recinto abra moi pronto as súas portas e sexa un lugar de encontro e desfrute do deporte na nosa vila”. O primeiro edil recordou que as obras son froito da colaboración entre administracións, neste caso a Xunta, que aporta unha parte de financiamento a través da Secretaría Xeral para o Deporte.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...