Os socialistas instan á Xunta a presentar o recurso ao veto á pesca de fondo galega

A voceira parlamentaria de pesca, Patricia Otero, defendeu hoxe que o goberno galego presente un recurso ao veto á pesca de fondo galega, tal como vai facer o goberno de España e anunciou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, en numerosas ocasións.
Patricia Otero levou ao Parlamento de Galicia, unha pregunta ao director xeral de Pesca instándolle a que o goberno da Xunta leve a cabo o recurso ao veto á pesca de fondo que atinxe a 87 caladoiros nos que actuaba gran parte do sector galego. Para a socialista a presentación do recurso “é o mínimo” ao ser a comunidade ao ser a comunidade coa principal frota pesqueira pesqueira de España e unha das máis importantes de Europa.
A deputada socialista demandou que o executivo galego realice o recurso que anunciou. Acusou ao director xeral de Pesca de cambiar a súa versión, ao argumentar que ao argumentar agora que presentarían o recurso se fracasaba o do goberno do Estado, sen embargo Otero recordou que distintos mandatarios da consellería do Mar afirmaron en distintas ocasións que presentarían o recurso igualmente.
Ante que o director xeral puxera o punto de partida deste proceso en 2020, Otero recordou que foi o Regulamento de 2016 o que deu pe a este acto de execución, polo que preguntou se é que comezaron a traballar no asunto no 2020, “onde estaba o goberno da Xunta durante eses catro anos?”.
Reiterou os compromisos acadados pola totalidade dos grupos da Cámara galega para poñer
deberes á Xunta e ao goberno central de cara a defender ao sector da pesca galego. Estes
acordos están poñéndose en cuestión polo Partido Popular pola últimas actuacións dos seus
representantes.
Nomeadamente, o senador galego e ex número dous do PP de Galicia, Miguel Tellado, interpelou onte ao ministro de Pesca, Luis Planas, en relación a este asunto. Otero destacou que Tellado “ foi coa intención de buscar unha confrontación e buscar culpables e romper os acordos”, pero que o ministro do goberno de España “deixou en evidencia” que o popular “tiña un descoñecemento total do procedemento”.
Denunciou que o senador que “está no seu posto para defender os intereses dos galegos e das galegas”, soamente empregou a súa quenda de palabra para “mentir dicindo que o goberno de España non enviou o informe socioeconómico”, indicando Otero que no propio Parlamento Galego se destacou en incontables ocasións que a Comisión Europea “non pediu eses informes e non tivo en ningún momento a perspectiva socieconómica en conta á hora de tomar a decisión”.