Os presidentes das confrarías de Ribeira, Noia, Muros, Rianxo, Portosín e A Pobra, seguirán o fronte das mesmas trala xornada electoral e son incertos os de Aguiño, Palmeira e Cabo de Cruz

29 Outubro 2022

O actual patrón maior de Ribeira, José Antonio Pérez, que ostenta tamén o cargo de presidente da Federación Galega de Confrarías continuara á fronte do depósito tras a xornada electoral deste sábado. Pechadas as urnas e realizado o consabido escrutinio, saíu vitorioso no seu sector, o de armadores, pero logrou situar a 21 membros do seu equipo na xunta xeral, que estará integrada por 22 socios.
José Antonio Pérez continuará así nun cargo que ostenta desde hai 13 anos.
Tamén seguirá en Noia Santiago Cruz, quen leva 21 anos dirixindo o pósito local. No sector dos armadores, o máis representativo a candidatura do actual patrón maior conseguiu facerse cos 12 postos da xunta xeral que estaban en xogo.

Tamén seguirá á fronte da confraría de Rianxo Miguel Ángel Iglesias, que sinalou que se manterá a mesma xunta xeral que viña existindo. Ramén en Muros Daniel Formoso alongará a súa etapa de patrón maior, cargo que ostenta desde hai xa 16 anos. Logrou situar a todos os seus colaboradores na xunta xeral. Incluso Adela Lestón, foi a máis votada no sector do marisqueo a pé, polo que continuará como presidenta da agrupación.

Isaac Gaciño seguirá á fronte do depósito de Portosín. Foi o máis votado no seu sector, o do cerco, pero logrou que os seus colaboradores copasen os 18 postos da xunta xeral. Similar é a situación na Pobra, onde Enrique Maceiras está convencido de que repetirá como patrón maior. Foi o que máis apoios recibiu no marisqueo a pé.

Non chegaron a realizarse votacións en Porto do Son, onde só concorreron 12 persoas para unha xunta xeral que ten os mesmos membros, por tanto, Emilio Queiruga continuará como patrón maior e en Lira continuará o actual dirixente do pósito, José Mariano Lago.

A situación non está clara en Cabo de Cruz onde o actual dirixente, José Manuel Pérez, non puido concorrer aos comicios debido a que o seu censo de tripulantes, quedou sen dereito a ter representación na xunta xeral. Neste órgano haberá once membros do sector empresarial e outros tanto do colectivo de traballadores, polo que, de postularse para patrón maior un socio de cada un, podería haber empate técnico. Neste pósito, o desenlace está pendente de que se determine o número de candidatos que se presenten ao cargo de patrón maior.

Desde a confraría de Palmeira, Miguel Franco, actual dirixente, declarou que non está claro a elección. Tampouco en Aguiño o actual patrón maior, José Antonio Santamaría, ten claro se conta con apoios suficientes na xunta xeral nin decidiu aínda se optará á reelección. O que está confirmado é que non foi o socio máis votado no seu sector, o de armadores, onde gañou Miguel Ángel Reiriz González.

Outros artigos

Comezan os traballos para refrotar o boniteiro afundido en Camariñas

Foto de arquivo do incendio sufrido polo buque pesqueiro A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, comeza este venres 29 de novembro os traballos de refrotamento do barco boniteiro Jaungaikoa, afundido logo de incendiarse, o pasado 4 de setembro no porto de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

Todos sabemos que la historia de Romeo y Julieta es una novela, de W Shakespeare Pero la hermosa historia de amor entre Pedro I rey de Portugal y la gallega, Inés de Castro, es realmente dolorosamente y admirablemente cierta Por temor a que los hijos de Inés,...