“O sector pesqueiro español merece unha defensa firme e contundente que os partidos da oposición non barallan” – Antón Luaces

26 Outubro 2022

Hei recoñecer que, en contadas oportunidades, os partidos políticos españois son merecentes de gabanzas alleas pola súa defensa a prol do sector pesqueiro. Este martes tiveron a oportunidade de facelo e só a aproveitou, ao meu entender, o Goberno. En concreto, un home, un ministro ao que moito teño criticado desde estas páxinas: Luis Planas, ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, que desbaratou absolutamente o argumentario exhibido de xeito burdo por un senador “popular” criado ao peito do actual presidente do Partido Popular, señor Núñez Feijoo, nos seus tempos de presidente da Xunta.

A máis de evidenciar o evidente descoñecemento que o senador Tellado ten do regulamento que a Comisión Europea tenta empregar para vetar todas as artes de pesca de fondo nunha extensión de algo máis de 16.000 metros cadrados do Océano Atlántico que baña as costas de España, Portugal, Francia e Irlanda -entre outros Estados membros da UE menos afectados que estes por ese veto- nas que faenaban acotío máis de 200 barcos galegos, amosou un non saber exactamente que era o que quería defender que da pena: se a pesca de fondo ou afundir a frota. E, naturalmente, a contundencia de Planas deixouno sen argumentos válidos que, supoño, custará ao senador o reproche de aqueles outros compañeiros de partido que sí saben de que vai o conto.

Non se pode ir así a defender o que xa está a custar moito -e máis que custará, se non se remedia- desde o PIB de Galicia ao patrimonio de armadores e, obviamente, de traballadores da pesca que se van ter que acubillar noutros barcos alleos en boa medida  á pesca de fondo.

O Goberno realizou unha defensa firme dos intereses deste sector e fíxoo razoadamente, indo ao grao, non como Tellado, que se quedou nas tellas, sen baixar ao que interesa. E da man dese sector, o ministro Planas foi debullando os por que e os cando deste problema que nos doe especialmente aos galegos  cando falou de traballar para reverter “o inxusto e desproporcionado regulamento de execución da Comisión Europea sobre os ecosistemas vulnerables” do que o senador do PP non fixo nin miga de caso.

Luis Planas ratificou na Cámara Alta a decisión gobernativa de presentar no Tribunal Superior de Xustiza da Unión  Europea o comunicado recurso consecuencia dos “defectos moi importantes” dos que adolece o tan citado regulamento.

Manifestou tamén o ministro que a acción do Goberno vai encamiñada á revisión inmediata do regulamento cos informes científicos actualizados e reiterou a decisión de presentar un recurso perante o Tribunal no que se aportarán razóns fundadas de fondo e de forma fronte ao regulamento.

Non se esforzou moito. Diría eu que nada.  E así, o ministro non tivo reparo en se gabar de que o Goberno acadara que a Comisión aclarara que en 41 das 87 áreas incluídas neste regulamento a pesca se realiza en menos de 400 metros vai poder seguir a executarse.

Engadiu Luis Planas que a Comisión Europea non tivera en conta a información científica máis actualizada que estaba dispoñiible, sen considerar os estudos remitidos por España, e cometeu erros na delimitacións das áreas afectadas.

Sinalou a máis Luis Planas que, coa aplicación deste regulamento, a Comisión Europea rompeu o principio de proporcionalidade que impón a Política Pesqueira Común (PPC) e que non se tiveran en conta as consecuencias sociais e económicas da medida. Deixou nidiamente claro o ministro que Comunidades Autónomas como Galicia e Andalucía (ambas as dúas gobernadas polo PP) expresaran o seu apoio á postura gobernamental, e reprochou a posición do PP de se manter na falta de xenerosidade e patriotismo na defensa dos intereses de España e do sector pesqueiro.

Cada quen co seu cada cal.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.