O Goberno Local de Ribera ten intención de someter á aprobación do Pleno os orzamentos municipal para o exercicio 2022 sobre a base de tres razóns fundamentais.
A primeira das razóns estriba en dar contido aos acordos alcanzados cos sindicatos en materias como o convenio colectivo e a RPT, ou a consignación da subida con efectos retroactivos do 1,5% no salario
dos traballadores conforme ao que acordou a goberno do Estado con UGT e CC OO.
O segundo motivo deriva da conveniencia de adaptar as contas á realidade dos gastos en 2022, exercicio no que resulta ineludible atender unha serie de compromisos contractuais, tales como o aumento do custe dos subministros enerxéticos a raíz da alza no prezo do combustibles, incremento que de non ser satisfeito este ano cos fondos procedentes dos ingresos do Estado (o que daría lugar a incumprimentos contractuais) debería afrontar a próxima Corporación co remanente de tesourería. Ademais, incorporaríanse inversións xa anunciadas con antelación como as derivadas do Plan de Turismo Sustentable en Destino, con dous millóns de euros de fondos Next Generation, que foi aprobado polo Consello da Xunta fai un mes.
E a terceira razón responde a dar cumprimento a diversos acordos plenarios que foron aprobados sen respaldo económico. Por exemplo, a creación dun monumento na memoria dos represaliados como consecuencia da Guerra Civil, ou a redacción do estudo técnico que permitiría avaliar a viabilidade da mellora da estrada de Frións (DP- 7301) como alternativa á variante.
Actualización orzamentaria
En suma, o que se pretende non é tanto un novo orzamento como a actualización do actual, reflectindo a realidade fehaciente do estado das arcas municipais ao tempo que libera de ataduras financeiras á seguinte Corporación, que comezará o seu mandato en xuño do 2023.
Sendo así, o orzamento para o 2022 elevarase a uns 28,7 millóns de euros. Tal e como explicou o alcalde aos grupos en xunta de voceiros, a intención é dedicar a este asunto un pleno extraordinario.
