O pleno de Lousame aproba unha declaración de apoio á pesca de arrastre de fondo

10 Outubro 2022

A Corporación de Lousame celebrou na noite do venres 7 de outubro a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de setembro, que se adiou unha semana por motivos de organización. Na sesión aprobouse unha declaración institucional de apoio á pesca de arrastre de fondo “fronte aos ataques que está a sufrir o sector dende a Comisión Europea”.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, foi a encargada de dar lectura á declaración, que respalda o manifesto elaborado polo Consello Galego de Pesca e os representantes do sector. Así, o Concello de Lousame instou á Xunta de Galicia a que demande do Goberno de España “un rexeitamento aos ataques que o sector do arrastre de fondo está a sufrir dende a Comisión Europea e que defenda a importancia deste sector no conxunto do sector pesqueiro e da economía marítima europea”. Así mesmo, solicítanlle a anulación do Regulamento que determina as zonas de pesca en augas fondas e que entrará en vigor en próximos días. A proposta foi apoiada polos tres grupos municipais sen debate algún.

Tamén saíu adiante, cos votos a favor do PP e do PSOE e a abstención do BNG, unha moción do grupo municipal popular contra a ocupación de vivendas. Teresa Villaverde instou ao Goberno de España a “endurecer as penas no caso das ocupacións, a proceder ao desaloxo da vivenda ocupada en 24 horas por parte da Policía” e, no caso concreto dos concellos, “evitar a inscrición no padrón dun ocupante ilegal e, no caso de que se inscribira, que se considere nula, non atribúa ningún dereito e que o Concello poida dar de baixa esas inscricións”.

O voceiro do BNG, Anxo Moledo, asegurou que a moción buscaba “abrir un falso debate e crear alarma social”, acusando aos populares de “mesturar o fenómeno okupa coas mafias, que hai que combater”. Unhas afirmacións ás que Villaverde Pais respondeu lembrando que “en Lousame deuse algún caso de ocupación de vivendas e tamén na comarca”, lamentando que o portavoz do BNG defendera o fenómeno da ocupación e non a “aquelas persoas que con moito esforzo se fixeron cunha vivenda e están desprotexidas”.

Finalmente, o pleno aprobou por unanimidade dúas pequenas modificacións de crédito a través de transferencias de cartos entre distintas áreas de gasto. A primeira, por un importe de 9.283 euros, e a segunda por 4.384 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...