O músico rianxeiro Iago Hermo leva o seu espectáculo Brutaal ao Auditorio Municipal do seu concello

27 Outubro 2022

O vindeiro venres 04 de novembro a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo vai acoller un concerto a cargo do pianista rianxeiro Iago Hermo. Trátase do espectáculo Brutaal, unha proposta innovadora e moi orixinal de composicións para piano combinadas con música electrónica. Brutaal, segundo informa o artista, unha forma de enfatizar a palabra “brutal” en galego e castelán, ademais de ser a forma estándar do mesmo termo en neerlandés.

O elemento artístico motor deste proxecto de concerto é o brutalismo, unha aproximación á música a través do traballo dos elementos sonoros máis elementais con especial énfase nas variacións posíbeis segundo o punto do que se enfoque.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.