O Museo do Gravado (Artes, Ribeira) vai organizar uns novos obradoiros de gravado centrado na técnica do linogravado. Estará dirixido por José Fuentes Esteve (Universidade de Salamanca e Instituto Universitario de Investigación en Arte e Tecnoloxía da Animación da USAL). O curso está limitado a 12 prazas. Diríxese a artistas plásticos e/ou licenciados/as en Belas Artes ou xente interesada no mundo da estampa.

Realizaranse os días 25, 26 e 27 de novembro de 2022 e os días 27, 28 e 29 de xaneiro de 2023 no seguinte horario:
Venres, 25 de novembro 2022: de 16.00 a 20.00 h
Sábado, 26 de novembro 2022: de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h
Domingo, 27 de novembro de 2022: de 10.00 a 14.00 h
Venres, 27 de xaneiro 2023: de 16.00 a 20.00 h
Sábado, 28 de xaneiro 2023: de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h
Domingo, 29 de xaneiro de 2023: de 10.00 a 14.00 h
O curso será impartido por José Fuentes Esteve e Antonio Navarro. Desenvolverase no Obradoiro de Gravado da Fundación Museo de Artes do Gravado. O custe é de 100 euros.
Máis información no teléfono 981 871 342 ou no correo fundartes@gmail.com.