O Grupo de Teatro de Ribeira comeza en Melide a súa xira de outono

05 Outubro 2022

O Grupo Municipal de Teatro de Ribeira (GMTR) dirixido por Oscar Romero, comezou a súa xira de outono representando o espectáculo O rei Telesforo busca noiva (e quere noivo) no Auditorio Mingos de Pita de Melide o pasado un de outubro. Abriuse con este espectáculo a X edición do Ciclo de Teatro Afeccionado (o ciclo O Teatro no Camiño), organizado pola Asociación Cultural Charamela e o Concello de Melide.

A agrupación ribeirense, formada por unha vintena de actores e actrices, visitará tamén o concello de Rois o vindeiro sábado vinte e dou de outubro no marco da Mostra de Teatro que organizan conxuntamente os concellos de Rois e Padrón; asemade actuará no Auditorio Municipal de Narón o domingo trece de novembro, no Auditorio Municipal de Rianxo o sábado 26 de novembro e no Coliseo Noela en Noia o sábado dez de decembro. Todas as actuacións serán co espectáculo de O rei Telesforo que fora estreado en decembro do ano pasado en Ribeira ao longo de tres días con cheos nas tres funcións.

A obra trátase dunha comedia de enredo, esperpéntica e en verso e ambientada na idade media, a través dun texto colectivo realizado polos propios compoñentes do grupo de teatro, cunha duración de 90 minutos e recomendada a partir de 16 anos. As actuacións tamén se atopan no circuíto da Rede Cultural da Deputación da Coruña e foron seleccionadas a través da mesma polos distintos concellos pero o grupo está en conversas tratando de pechar outras datas de cara á primavera para actuar en concellos como Teo, Vilagarcía ou Catoira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.