A proposta forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
O Grupo de Música Antiga Menestreis foi fundado en Boiro (A Coruña) en setembro de 2005 por Xosé Ramón España Lorenzo. O seu principal obxectivo é, nas súas palabras, “a interpretación e a difusión da música medieval, renacentista e do primeiro barroco, utilizando réplicas de instrumentos da época”.
En 2008 o grupo constitúese en Asociación Musical e Cultural. Posteriormente foi recoñecida como Asociación de interese Social e integrouse na rede de Asociacións do Concello de Boiro.
